27/02/2013

QUERIDAS TARTARUGAS


COMO VOS VIVIDES AO LADIÑO DO MAR, GUSTARÍAME APRENDER MÁIS COUSAS SOBRE O MAR.
QUERÉDESME AXUDAR?

PODEDES DICIRME  ONDE SE CRÍAN OS MEXILLÓNS?



26/02/2013

OS HAMSTERS INVESTIGAMOS SOBRE AS BATEAS

Os Hamsters recibimos unha carta de Paco. Quería aprender cousiñas sobre o mar, concretamente sobre as bateas. Preguntounos: PARA QUE SERVEN AS BATEAS?. As respostas dos nenos e nenas de 6º de Infantil foron as seguintes:
- Para pescar peixes.
- É un barco para navegar en lagos.
- Sirve para que nazan peixes.
- Para pescar medusas.
- Para agarrar cousas.
-Para coller polbos, mariscos, centolas,...
- Para coller mexillóns e caranguexos.
- Para que nazan as crías dos mexillóns.
- Para coller mexillóns e despois comelos.
- Para coller caranguexos e peixes.
- Son unhas táboas que están no mar, que son rectangulares, debaixo hai unhas cordas con mexillóns colgados. Despois veñen os barcos e collen os mexillóns e lévannos as tendas e supermercados e despois vai a xente e compraos.

Como non nos poñiamos de acordo decidiron preguntarlles os papás e mamás, que eles saben de todo.
Fixemos hoxe a nota, así que mamás e papás dos Hamsters, necesitamos a vosa axuda para esta nova investigación.

24/02/2013

4º e 5º no PORTO DE VIGO

ESTIVEMOS NO PORTO DE VIGO, QUE É MOI GRANDE, TEN AS LONXAS, OS VIVEIROS, A FÁBRICA DE XEO... NÓS ESTIVEMOS NA LONXAE NOS VIVEIROS DE MARISCO:

20/02/2013

OS HAMSTERS NO PORTO DE VIGO

Os hamsters visitamos cos nenos e nenas de 1º o Porto de Vigo, xa que estamos traballando o tema do mar no cole. Visitamos a lonxa e atopámonos alí cuns tiburóns, que medo!. Ensináronnos tamén os peixe espada,  o xeo, a xona de empaquetado, os diferentes peixiños e tamén o viveiro. E despois de tanto aprender, fomos a merendar e a xogar ó parque. 

14/02/2013

CHICHARRAS PIRATAS

HAI PIRATAS DO CARIBE,
BARBARROXA E METEPATA.
NÓS SOMOS...AS CHICHARRAS!!!!

06/02/2013

CEBRAS

          QUE PASOU HOXE EN 5º DE INFANTIL?...


            AS CHICHARRAS CONVERTÉRONSE
                             EN CEBRAS!!!

04/02/2013

DESEMBARCO PIRATA NA CLASE DAS CHICHARRAS

HOXE CHEGARON A 5º DE INFANTIL UNHA CHEA DE PIRATAS...
QUE PASARÁ NOS VINDEIROS DÍAS?