31/10/2012

SAMAÍN 6º INFANTIL

Esta semana, celebramos o Samaín no cole e levamos as nosas cabazas terroríficas: algunhas eran grandes, outras daban medo, outras daban risa, outras presumidas,... A que nos deu máis medo foi a de Leire, que lle puxo o nome de Dracu. Outros nomes que lles puxeron foron: "La chica de las arañas", "Calabacín", "Batman", "Bruja", "Monstruosa",...Hoxe por fin as acendemos, e  déronnos moitísimo medo!!!!!!!

30/10/2012

O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares e as Tartarugas fixemos para celebralo uns marcapáxinas moi chulos!! Picamos as follas, as pegamos, decoramos con estreliñas... moitísimo traballo! Ademais, fomos tamén á biblioteca a xogar a un xogo de pistas que Paco nos preparou... Pasámolo xenial!!



28/10/2012

Circuíto de desprazamentos (6º de Infantil)



Os nenos e nenas de 6º de infantil levaron a cabo na clase de psicomotricidade da semana pasada un circuíto con diferentes tipos de desprazamentos. Pasárono moi ben! Aquí temos un vídeo feito con fotografías desa sesión.

27/10/2012

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, PACO ESTIVO MOI  XOGUETÓN E AGACHOUNOS VARIOS CONTOS NA BIBLIOTECA. DEIXOUNOS UNHAS PISTAS PARA ATOPALOS E UNHA SORPRESA NUN DELES. ATOPÁMOLOS TODOS E GUSTOUNOS MOITO A SORPRESA!

26/10/2012

DÍA DAS BIBLIOTECAS

A SEMANA PASADA CELEBRAMOS NO COLE O DÍA DAS BIBLIOTECAS.
FIXEMOS UNS MARCAPÁXINAS CHULÍSIMOS E XOGAMOS NA BIBLIO A UN XOGO DE PISTAS NO QUE TIÑAMOS QUE BUSCAR UNS LIBROS...
ATOPÁMOLOS TODOS!

24/10/2012

A PINTAR CABAZAS!

PINTA A TÚA CABAZA:

E RESOLVE O MEMORI:

TAMÉN PODES DECORAR ESTA OUTRA CABAZA:

22/10/2012

A clase das Tartarugas vístese de outono

Posto que xa entramos no outono, na clase das Tartarugas cambiamos as primaverais flores que adornaban a nosa aula por estas cabazas, castañas, noces, follas e uvas tan chulas que pintamos co pincel. Ata Paco quixo facer unha!

16/10/2012

15/10/2012

O Período de Adaptación das Tartarugas

Aquí vos deixamos unha pequena presentación de todo o que as Tartarugas fixemos durante o Período de Adaptación. Esperamos que vos guste!


11/10/2012

OS RECUNCHOS DE XOGO DOS HÁMSTERES

Aquí estamos outro curso máis compartindo e xogando cos amigos e as amigas. Este ano temos xogos novos e pouco a pouco fomos aprendendo a xogar en todos os recunchos: temos a plastilina, coa que facemos riquísimas tartas; as construccións, que xa son de "maiores"; o noso hospital; onde nos curamos "todos os males"; temos puzzles de moitas pezas; os xogos de lóxica, como o mikado, memory, lóxico primo,... Aprendemos xogando!

09/10/2012

XOGO DA VACA PACA

PREME NA IMAXE PARA XOGAR COA VACA PACA,  DA EDITORIAL SM, ATOPÁMOLO NO BLOG  DE MARIFE LARA 

08/10/2012

O XOGO DO LORO PERICO

PREME NA IMAXE PARA XOGAR CO LORO PERICO DA EDITORIAL SM, ATOPÁMOLO NO BLOG  DE MARIFE LARA

AS TARTARUGAS

Ola!! Somos os nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil do colexio de Quintela. Como na nosa clase temos dúas tartarugas de mascota (Lucas e Pataca), decidimos chamarnos AS TARTARUGAS DE QUINTELA. Temos moitísimas ganas de aprender moitas cousas e, sobre todo, de pasalo xenial!


01/10/2012

Como deixar a chupeta en 15 días

O uso da chupeta nos bebés e nenos pequenos é un método fácil e cómodo para tranquilizalos, pero o seu uso prolongado ou a súa dependencia tanto para durmir como para tranquilizarse pode ocasionar problemas. Ademáis é habitual entre os pais a preocupación de cando e como deixala. Para respostar algunhas destas preguntas achégovos unha serie de blogs que falan sobre os pros e os contras das chupetas e o momento de deixar o seu uso.
Tamén vos deixo o enlace para descargar o método da fada Susú, un método para deixar a chupeta en 15 días. Dende o enlace poderédelo descargar de forma gratuita e imprimilo.

Blogs de interese:






Método de 15 días gratuíto, "El libro para dejar el chupete"



Pinchando na imaxe entraredes na páxina de Difrax directamente na sección de libros libres. O primeiro libro é o que nos interesa, pinchamos en descargar libro e aparecen 7 enlaces. Só necesitamos os tres últimos: calendario, stickers e "El libro para dejar el chupete". Os outros enlaces son páxinas soltas que xa aparecen directamente no libro.

Moita paciencia, moito agarimo e ánimo para deixar a chupeta.