25/05/2010

ME DUELE EL CAPARAZÓN

As pelotas e os ponis fomos a ver unha obra de teatro a Caixanova.A tartaruga Juan doíalle a cuncha. Nin as sopiñas, nin as visitas, nin os agasallos conseguían calmarlle a dor. Así que tivo que ir ó caparazólogo. Pero a Juan isto non lle facía ningunha gracia porque...quen non teme ir ó médico?
"Me duele el caparazón" é un espectáculo para revivir, con humos e tenrura, os temores infantís no ámbito da medicina.

23/05/2010

1ª Edición do Correlingua do Morrazo

O venres 21 participamos na primeira edición do Correlingua do Morrazo.
Xuntámonos na praza da cheminea de Massó cos outros colexios: A Rúa e O Hío de Cangas, A Pedra, Montemogos, Torre Cela, e Virxe Miragrosa de Bueu, A Laxe, Seixo e o Carballal de Marín e percorremos as rúas maís céntricas de Bueu.
Nós levábamos o noso gaiteiro particular, pero non eramos os únicos. O ambiente era festivo pero a xornada fíxose agotadora polo intenso sol.
Na praza do concello , merendamos e fixemos o que puidemos mentres Mamá Cabra daba o seu concerto:

Lecto-escritura en Infantil



As letras están presentes no noso entorno e os nenos ven como os adultos as utilizamos de xeito habitual para desenvolvernos na vida, polo tanto, os nenos perciben a finalidade práctica da escritura e da lectura. Escribimos para elaborar listas da compra, recados, apuntar horarios, nomes, escribir cartas e mensaxes,...Lemos para buscar información, para aprender, para coñecer noticias,...
Queremos que os rapaces aprendan a ler e escribir resolvendo tarefas con un significado, por iso traballamos moito cos seus nomes, os nomes das cousas da clase, os títulos dos libros, as receitas,... Buscamos que os rapaces poidan comunicarse a través da escritura, que entendan que ten unha utilidade real.

13/05/2010

Máis sobre Uxío

Uxío Novoneyra escribeu o conto "Ilda, o corzo e o xabarín". No cole de Frián, en Vigo ,fixeron este traballo para que poidamos escoitalo:

LETRAS GALEGAS 2010

Este ano dedicamos as Letras Galegas a Uxío Novoneyra,preme na imaxe para aprender algunhas cousas sobre el:

10/05/2010

FABIOLA ACHÉGANOS A MÉXICO

A semana pasada puidemos disfrutar dunha grata visita. Con nós estivo Fabiola, a nai de Aarón, unha mexicana afincada en Moaña, que pasou a mañá connosco, para achegarnos á cultura mexicana. Os nenos fixéronlle moitas preguntas: como son alí as escolas, cal é a comida e bebida típica, como son as praias, que animais hai,...
Explicounos que alí en México, hai un lago chamado Xochimilco, onde son moi típicas unhas embarcacións: as "trajineras". Puxémonos mans á obra e comezamos a facer unha con Fabiola.
Trouxo para merendar unha mestura que se chama Miguelito, que está feito de azucre e chile, para que os nenos o tomaran coa froita. Picaba un pouco pero gustoulles moito.