17/12/2009

Sistema solar

Este trimestre os nenos e nenas de Infantil estudiamos o Sistema Solar.
Os da clase de 6º de Infantil traballaron moito.
Fixeron un mural sobre o sistema solar, e uns planetas que colgaron do teito.
Tamén tiñan un astronauta!!!

15/12/2009

Ultima hora

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, día 16 de Setembro.

A medida tómase en base á predición da Axencia Estatal de Metereoloxía dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia a partir das 00,00 do mércores 16 de Decembro.

08/12/2009

Bibundé: un conto viaxeiro


Bibundé é a historia dun pingüín que non se quería bañar. Pero é moi aventureiro e valente, tanto que ao final o logra.
Ás pelotas , gustoulle o conto porque:
- Bibundé é moi divertido.
- É simpático.
- Axuda ao aviador.
- Bótase á auga inda que non lle guste.
- Non ten medo nas súas aventuras.
Este conto tan divertido chegounos desde a Fundación Sánchez Ruipérez, en Salamanca,dentro do programa"Lecturas de Ida e Volta".
Xa vos iremos contando que segredos garda a caixa que nos mandaron.