31/03/2009

GRANXA KIRIKO

O venres 27 pasamos a xornada en Fornelos de Montes.Fomos visitar a Granxa escola Kiriko,tocamos animais,sacamos ovos,regamos a horta,xogamos e fixemos rosquillas.Estaban boísimas.Esto foi exactamente unha das actividades que máis lles gustou,ao mellor por ser a última da xornada.Tamén tivo moito éxito o contacto cos animais,sobre todo cando acariñaron as cabuxiñas.

26/03/2009

ESCENAS MUSICAIS







O mércores asistimos a un concerto no teatro caixanova,dentro do seu programa para escolares.Foi moi divertido,tocaron melodías moi coñecidas como acucaracha,a marcha do circo,chiguagua...Os instrumentos que máis gustaron foron o clarinete,a flauta travesera e a tuba,que tiña un son que a veces asustaba.

25/03/2009

OLLOS DE LUME


Así se titula o novo poema visual que fixemos na aula de 5 anos.
Enviámosllo aos outros coles de Vilagarcía,Ourense,Aguiño para que tamén o leran.
Pronto levaremos de volta o dragón ao instituto e fixemos este poema para despedirnos e gardalo como recordo.CHAO DRAGON DORMILÓN!!

18/03/2009

SAÍDA A PONTEVEDRA

O LUNS 9 DE MARZO FOMOS DE EXCURSIÓN A PONTEVEDRA PARA VISITAR O SALÓN DO LIBRO, QUE ESTA ANO ESTABA ADICADO Ó AMOR E APROVEITAMOS PARA VISITAR TAMÉN Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE PONTEVEDRA. A MEDIA MAÑÁ ESTIVEMOS NO PARQUE DA ALAMEDA MERENDANDO.

11/03/2009

MOITAS LARANXAS IMOS COMER!





HOXE plantamos unha laranxeira.Cada curso a súa,no terreo da caseta meteorolóxica.Os de tres anos,as tartarugas,plantaron a primeira,os elefantes,a segunda,e as bolboretas a terceira.Botámoslle moita terra,un pouquiño de auga,unha canción e moitas ganas de remexer na terra.Quedaron estupendas,dentro de uns días iremos a botarlle máis auga.As bolboretas descubriron que a laranxeira das tartarugas tiña un botón de flor ,a de sexto 12 e a das bolboretas 53!!!Veremos que pasa con esas flores!