20/06/2008

FELICES VACACIÓNS

O último día do curso sempre é un día especial para os nenos e nenas, polo tanto fixemos moitos xogos para pasar este día dunha forma diferente: xogamos ó pano, explotamos globos co cu, bailamos, xogamos ó xogo da culler e o ovo, o xogo das cadeiras, e como non, fixemos unha merendola. Tamén viñeron a despedirse as nenas de 6º, xa que o ano que ven marchan para o Instituto.
BICOS E FELIZ VERÁN









EXCURSIÓN Á PRAIA

O xoves día 19 fomos de excursión á praza de Moaña. Alí observamos os diferentes peixes, de distintas formas, tamaños, cores, ...












Despois, fomos á praia da Xunqueira para ver como traballan as mariscadoras, como collen as ameixas, os croques, os utensilios que utilizan,..., e para rematar, merendamos e xogamos no parque. Chegamos moi cansos pero o pasamos moi ben.