Amosando publicacións coa etiqueta Meteoquintela. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Meteoquintela. Amosar todas as publicacións

25/10/2022

As baleas visitamos a estación meteorolóxica

 O noso colexio participa un curso máis no proxecto Meteoescolas, dentro dos Plans Proxecta. No noso cole chamámoslle Proxecto Meteoquintela, e con el pretendemos desenvolver competencias en investigación medioambiental entre todo o alumnado do centro, mediante a observación directa do clima.


Grazas á estación meteorolóxica que temos na escola, todos os días o alumnado de 6º de primaria recolle os datos da temperatura e das precipitacións e apunta eses datos na pizarra que temos na entrada do colexio.
As baleas visitamos a estación meteorolóxica para coñecer como se recollen estes datos, tanto a temperatura, co termómetro, como as precipitacións, co pluviómetro.



24/10/2019

METEOQUINTELA EN 6º DE INFANTIL

O noso colexio participa un curso máis no proxecto Meteoescolas, dentro dos Plans Proxecta. No noso cole chamámoslle Proxecto Meteoquintela, e con el pretendemos desenvolver competencias en investigación medioambiental entre todo o alumnado do centro, mediante a observación directa do clima.

Grazas á estación meteorolóxica que temos na escola, todos os días o alumnado de 6º de primaria recolle os datos da temperatura e das precipitacións e apunta eses datos na pizarra que temos na entrada do colexio.
Os leopardos visitamos a estación meteorolóxica para coñecer como se recollen estes datos, tanto a temperatura, co termómetro, como as precipitacións, co pluviómetro.



Na clase dos leopardos, traballamos diariamente coa temperatura actual, polo que o encargado/a vai ao taboleiro e despois o rexistra nunha gráfica que temos na aula. Aprendemos así, a importancia da temperatura, así sabemos cando vai frío ou calor, e aprendemos a diferencialo do estado do ceo.




26/05/2019

METEOQUINTELA

O CEIP Quintela participa un curso máis no proxecto Meteoescolas, dentro dos Plans Proxecta. No noso cole chamámoslle Proxecto Meteoquintela, e con el pretendemos desenvolver competencias en investigación medioambiental entre todo o alumnado do centro, mediante a observación directa do clima.

Grazas á estación meteorolóxica que temos na escola, todos os días o alumnado de 6º de primaria recolle os datos da temperatura e das precipitacións. 



Todos estes datos  apúntanos na entrada do cole, nun taboleiro,para que así todo o alumnado poida cosultalos e traballar logo nas diferentes aulas.






Na clase dos canciños, traballamos diariamente coa temperatura actual, polo que o encargado/a vai ao taboleiro e despois o rexistra nunha gráfica que temos na aula. Aprendemos así, a importancia da temperatura, así sabemos cando vai frío ou calor, e aprendemos a diferencialo do estado do ceo.






02/03/2018

METEOQUINTELA NA CLASE DOS GATIÑOS

DURANTE ESTE CURSO, OS GATIÑOS  REXISTRAMOS O TEMPO DO CEO NUNHA GRÁFICA COLOCADA NA CLASE E O FINAL DE MES CONTAMOS E APRENDEMOS A LER A GRÁFICA: QUE FIXO MÁIS ESTE MES?, CANTOS DÍAS DE SOL TIVEMOS?, DE CHUVIA?, ... 




...E ELABORAMOS COS RESULTADOS UN REXISTRO PERSOAL 


03/02/2018

OS TIGRES ANOTAN OS DATOS DO TEMPO

TODAS AS MAÑÁS, O ENCARGADO OU ENCARGADA E O SEU AXUDANTE VAN Á ENTRADA PRINCIPAL, ONDE TEMOS O TABOLEIRO  COS DATOS QUE ANOTAN OS MAIORES DO COLE, RECOLLIDOS DA ESTACIÓN METEREOLÓXICA. ALÍ ANOTAN A TEMPERATURA ACTUAL.
MIRADE QUE BEN O FAN!

30/04/2017

METEOQUINTELA NA CLASE DOS ELEFANTES

DURANTE ESTE CURSO, OS ELEFANTES REXISTRAMOS O ESTADO DO CEO NUNHA GRÁFICA, E O FINAL DE MES  CONTAMOS E APRENDEMOS A LER A GRÁFICA PARA SACAR CONCLUSIÓNS: QUE FIXO MÁS ESTE MES?, E MENOS?, CANTOS DÍAS TIVEMOS DE SOL?,...




11/01/2017

O VOO DA LIBÉLULA

AS TARTARUGAS RECIBIMOS UNHA CARTA DE PACO PEDINDO A NOSA AXUDA. 
RESULTA QUE ESTÁ MOI INTERESADO NA ARTE, E SOBRE TODO NAS PINTURAS DE CEOS, ASÍ QUE COMO PARECE QUE LLE GUSTA MOITO O CADRO DE JOAN MIRÓ, "O VOO DA LIBÉLULA", PUXÉMONOS A TRABALLAR, E FIXEMOS UN PARA PACO.
MIRADE QUE CHULO QUEDOU!!!

17/12/2016

METEOQUINTELA

O cole participa un curso máis no proxecto Meteoescolas, dentro dos plans Proxecta. Nós, como o curso pasado, chamarémoslle Meteoquintela. No mes de novembro comezamos de novo a nosa andaina polo mundo da meteoroloxía, 
Con este proxecto,o alumnado desenvolverá competencias en investigación mediante a observación directa do clima na  escola, e así tomaremos datos das precipitacións e das temperaturas, grazas  a estación meteorolóxica que temos instalada no noso centro. 
Aquí vos deixamos o resumo deste mes de novembro, que fixo o alumnado de Primaria: cal foi o día que máis choveu, o climograma, as temperaturas máximas e mínimas,...





                                         






12/12/2016

Os Tiburóns e o proxecto Meteoquintela.

Xusto antes de poñernos de cheo co Nadal, os Tiburóns indagamos moito grazas ao proxecto Meteoquintela. Todos os días, ademais de rexistrar o tempo meteorolóxico, no mes de novembro, rexistramos tamén a temperatura, fixemos a nosas primeiras gráficas e interpretamos os datos:
- Cantos días hubo de chuvia?
- Cal foi o tempo predominante no mes de novembro?
- Cal foi a temperatura máis alta?
- Que día tivemos a temperatura mais baixa?
- ...




Tamén fixemos manualidades relacionadas co tema para decorar o corredor:






10/03/2016

METEOQUINTELA

NO COLE SEGUIMOS INVESTIGANDO SOBRE A METEOROLOXÍA. 
NA CLASE DAS BOLBORETAS ESTAMOS APUNTANDO TODOS OS DÍAS A TEMPERATURA ACTUAL E A APUNTAMOS NO DÍA CORRESPONDENTE CUN PUNTO, E O FINAL DA SEMANA UNIMOS ESE PUNTOS PARA FACER A NOSA GRÁFICA E OBSERVAR ASÍ CAL FOI A TEMPERATURA MÁXIMA E MÍNIMA DA SEMANA


APRENDEMOS A IMPORTANCIA, POLO TANTO, DA TEMPERATURA, ASÍ SABEMOS CANDO FAI FRÍO OU CALOR E APRENDEMOS A DIFERENCIALO DO ESTADO DO CEO. PARA ISO ENTRAMOS NA PÁXINA DE METEOGALICIA PARA VER QUE ADEMÁIS DE INDICARNOS SE VAI CHOVER OU FACER SOL, TAMÉN NOS INDICAN A TEMPERATURA. SEGUIREMOS INVESTIGANDO!!!





15/02/2016

VISITA Á LUDOTECA

Hoxe fomos de visita á Ludoteca Municipal de Moaña e pasámolo moi ben facendo unhas manualidades moi chulas relacionadas coa mateoroloxía e xogando con moitísimos xoguetes!





MOITAS GRAZAS POR INVITARNOS!



11/02/2016

O TEMPO EN XANEIRO

ESTE FOI O TEMPO QUE REXISTRAMOS EN XANEIRO NA CLASE DOS GATOS:

01/02/2016

METEOQUINTELA

O colexio participa durante este curso no proxecto de MeteoEscolas, dentro dos Plans Proxecta. 
A partir de hoxe, este proxecto comeza a andar no noso centro, coa participación de todo o profesorado e todo o alumnado, co nome de METEOQUINTELA.


Con este proxecto, o alumnado desenvolverá competencias en investigación medioambiental mediante a observación directa do clima na nosa escola, e así tomaremos datos das precipitacións e das temperaturas, grazas a estación metereolóxica que temos instalada no noso centro, que consta dun termómetro e dun pluviómetro.


Diariamente, o alumnado do centro, por turnos (este mes tócalle aos maiores do cole),anotará a chuvia recollida, a temperatura máxima, mínima e actual, e anotarán estes datos  na entrada do colexio, nun taboleiro, para que así todo o alumnado poida cosultar eses datos e traballar logo nas diferentes aulas.



Estes datos  permitirán obter unha serie de datos estatísticos como a temperatura máxima do mes, cal foi o día que máis choveu, canto se recolleu, cantos días de sol tivemos,..

Xa vos iremos contando como vai a nosa investigación!

08/01/2016

O TEMPO EN DECEMBRO

NO PROXECTO METEOESCOLAS ESTAMOS ESTUDANDO O TEMPO METEOROLÓXICO.
ESTES FORON OS DATOS QUE RECOLLEMOS EN DECEMBRO: