Unha semana máis, na clase de 6º de Infantil, os pequenos anímanse a contar contos ós seus compañeiros e compañeiras. Esta semana tocoulle o turno a Amaia, que nos contou a historia de Garavanciño.
25/01/2026
21/12/2025
EXPOSICIÓN DOS CANCIÑOS
O alumnado de 6º de infantil investigou este trimestre sobre a súa mascota, "Os canciños". Buscaron información na biblioteca e con todo o recollido e investigado elaborarn un "lapbook" con todo o aprendido.
Unha vez rematado o traballo, compartiron a información cos compañeiros e compañeiras de 1ºP e 4ºP.
25/03/2025
Radiopoemas
O alumnado de 5ºI, polo Día da Poesía, gravou na radio uns fermosos poemas de Rosalía de Castro e Antonio García Teijeiro, coa axuda do alumnado de 3ºP.
15/02/2025
POEMA DE AMOR
Polo día de San Valentín, as bolboretas de 5º de Infantil, recitaron un fermosísimo poema de amor de Antonio García Teijeiro.
Recitaron primeiro aos seus compañeiros e compañeiras de infantil, e logo ao alumnado de 1º de primaria, aos que lles ensinamos o poema.
16/12/2024
Proxecto As Bolboretas
O alumnado de 5º de Infantil, este trimestre desenvolveu un proxecto sobre as bolboretas. Hoxe, despois de moitas investigacións, presentamos o noso traballo aos compañeiros e compañeiras do colexio. Invitamos a clase de 6º de Infantil, e 1º e 2º de Primaria, para compartir as nosas aprendizaxes.
05/12/2024
POEMA DA BOLBORETA
O alumnado de 5º de infantil este trimestre investigou sobre as bolboretas. Aprendemos moito sobre este insecto e aproveitamos tamén para aprender un poema e gravalo en croma. Aquí tedes o poema e o recitado con croma.
Un verme branco vivía nunha moreira
e chamábanlle verme de seda.
Gustábanlle as follas, era moi lambón
e en pouquiños meses fíxose maior.
Coa súa fina seda teceu un casulo
e aquel verme sorriu con orgullo.
Cando rematou estaba canso
e dentro do casulo quedouse deitado.
Despois dun tempo de estar durmido
nunha bolboreta se convertera.
Chegou a hora de poñer os ovos
e así a historia comezará de novo.
14/05/2024
Xogo de dedos: O vermiño
O alumnado de 5º de infantil ensinoulle ás tartarugas o xogo de dedos que aprenderon sobre un vermiño.
30/01/2024
Proxecto "As tartarugas"
08/06/2020
MÚSICA PARA PRACTICAR!!
OLA, FAMILIAS!: HOXE PROPOÑEMOS UNHA ACTIVIDADE PARA MELLORAR A VOCALIZACIÓN E A CORRDINACIÓN CORPORAL A TRAVÉS DA MÚSICA.
ANIMÁDEVOS!!!
16/04/2019
OS MARTES CONTAMOS NÓS: UXÍA
PARABÉNS, UXÍA!!!
.jpg)