Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: Día da Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións: Día da Paz. Amosar todas as publicacións

03/02/2026

QUE RICA RECEITA PARA A PAZ

 Nais, pais e nenos engadiron a receita da "Paz" os seus ingredientes. 

O venres 30 de xaneiro sacamos os ingredientes para comprobar que rica estaba.  

Grazas a todos. 



 

30/01/2026

COCIÑANDO A PAZ

 As familias de Quintela botan os ingredientes para cociñar a PAZ. 


28/01/2026

OS PEQUES DO COLE COCIÑAMOS A PAZ COAS NOSAS FAMILIAS

 O vindeiro 30 de xaneiro celebraremos o día da PAZ en Quintela.

Esta semana cociñamos unha receita todos xuntos para conseguir unha deliciosa PAZ.

Os nenos e as familias botarán un ingrediente na pota da entrada para poder guisar.

Toda a semana a pota no lume ata o venres que xa poderemos degustar esta receita.



 

30/01/2025

Conmemoración do Día da Paz

 Hoxe conmemoramos no cole o Día da Paz coa visita dos pallasos de hospital Galiclown que nos fixeron rir moito.

Galiclown é unha asociación sen ánimo de lucro formada por voluntarios e voluntarias que dedican o seu tempo de lecer a visitar o hospital e facer rir e pasar un bo rato ás nenas e nenos alí hospitalizados.

Grazas por visitarnos e facernos rir tanto!

Ademais o alumnado lanzou avións de papel con mensaxes de paz

DÍA DA PAZ

 A clase dos pandas e as bolboretas elaboraron un mural colectivo pola conmemoración do Día da Paz. 



01/02/2023

DÍA DA PAZ

 Polo Día da Paz, recibimos a visita da Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo, que teñen como principal obxetivo axudar aos máis vulnerables, a través de colectivos sociais, ONGs, etc.

Visitáronnos dúas voluntarias da asociación e explicaron ao alumnado cal é a súa función e como podemos axudar.

Para a ocasión organizouse unha campaña de recollida de alimentos na que participou toda a comunidade educativa.

Grazas a todas as familias pola vosa colaboración e implicación!!!

04/02/2022

XUNTOS POLA PAZ

 O pasado venres 28 no cole celebramos o día da paz. Ente as actividades que realizamos ese día hai que destacar a visita da ONG Galiclown pallasos de hospital , que visitou o noso cole para explicarnos como e o seu traballo e deleitarnos cun superespectáculo de maxia cheo de risas e así lembrarnos que a paz comeza cun sorriso. Máis tarde,na nosa clase, os DINOS realizamos un mural conxunto para conmemorar o día e deixar a nosa pegada pola PAZ.









29/01/2022

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ EN 6º DE INFANTIL



OS ARTISTAS E AS ARTISTAS ESTIVEMOS NA ACTUACIÓN DO PALLASO  DE GALICLOWN.
PASÁMOLO MOI BEN E  APRENDEMOS QUE A TRAVÉS DA ARTE TAMÉN SE PODE AXUDAR A MOITA XENTE QUE O PRECISA.










NA CLASE CONTAMOS DOUS CONTOS MOI BONITOS, ANQUE UN POUCO TRISTES, QUE NOS FIXERON PENSAR QUE A VIOLENCIA NON É A SOLUCIÓN:





 ESTAS SON ALGUNHAS DAS COUSAS QUE PENSAMOS 
QUE PODEN AXUDAR A ACADAR A PAZ:



E PARA REMATAR, UN POEMA DE GLORIA FUERTES:




























28/01/2022

SORRISOS POLA PAZ

No día de hoxe o alumnado do cole tivo un divertido encontro coa ONG GALICLOWN.
Esta asociación reúne unha gran variedade de artistas profesionais de Galicia (pallasos, magos, músicos...), que de xeito voluntario fan visitas aos hospitais para mellorar a estancia dos nenos e nenas hospitalizados.

03/02/2021

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

O pasado sábado foi o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ e as Tartarugas de Quintela  quixemos celebralo.









MURAL DA PAZ EN 5º DE INFANTIL

 


05/02/2020

DÍA DA PAZ

Día escolar pola paz e a non violencia. O 30 de xaneiro celebramos o día da Paz dun xeito especial, incidindo na mellora da convivencia e compartindo emocións e aprendizaxes. Foi unha xornada na que todo o cole, alumnado e profesorado participou. Organizamos obradoiros integrais, con agrupamentos de diferentes idades e con propostas variadas, desde as plásticas, rítmicas, audiovisuais, contacontos ou  xogos cooperativos. A experiencia foi avaliada como moi positiva, tanto polo alumnado como polo profesorado.

07/02/2019

POEMA DE GLORIA FUERTES

POLA CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ, OS CANCIÑOS RECITÁMOSLLE UN POEMA DE GLORIA FUERTES, "SÓ TRES LETRAS", AOS NENOS E NENAS DE 1º DE PRIMARIA. 



31/01/2019

OS DINOSAUROS COS SEUS PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES


HOXE TIVEMOS A VISITA DOS NENOS E NENAS DE 4º DE PRIMARIA NA NOSA AULA.

RECITAMOS A NOSA POESÍA DA PAZ CON MOITA ILUSIÓN



ELES FIXERON UN RAP COA POESÍA DE GLORIA FUERTES "SÓ TRES LETRAS" QUE ADEMAIS XA COÑECEMOS DO ANO PASADO.



 




PROMETERON QUE VOLTARÁN PRONTO.



30/01/2019

AS MENSAXES DE PAZ DOS NENOS E NENAS DO CEIP QUINTELA

A PAZ COMEZA CUN SORRISO

A PAZ COMEZA CUN SORRISO
CON ESTA FERMOSA MANUALIDADE E CON ESE MURAL TAN FERMOSO DE MANDALAS DA PAZ OS NENOS E NENAS DE QUINTELA CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ





OS DINOSAUROS VISITAN AS TARTARUGAS

COMEZAMOS O DÍA DA PAZ RECITANDO UN POEMA DE XOSÉ NEIRA VILAS


 

29/01/2019

AS TARTARUGAS ES AS NENAS E NENOS DE 3º DE PRIMARIA RECITAN O SEU POEMA DA PAZ

O GRUPO DE 3º DE PRIMARIA SON OS NOSOS PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES. XA VAN DÚAS VECES QUE VEÑEN Á AULA E CONTAN UN CONTO ÁS TARTARUGAS QUE APADRIÑAN.
NESTA OCASIÓN, APROVEITANDO O DÍA DA PAZ, RECITAMOS OS POEMAS QUE AMBOS OS GRUPOS APRENDERAN.

O POEMA DAS TARTARUGAS É UNHA VERSIÓN DUN POEMA DE GLORIA FUERTES TITULADO SÓ TRES LETRAS

Só tres letras,
tres letras nada máis,
para cantar paz
para facer paz.
O P de pobo.
o A de amor
e o Z para o final




O POEMA DE 3º DE PRIMARIA É O REINO, DE CELSO EMILIO FERREIRO



06/02/2018

DÍA DA PAZ

Así conmemoramos no cole o Día da Paz. Deixamos unha montaxe feita por Valeria, Yago e Rocío, da aula de 6º curso.