O alumnado de infantil desfrutou dunha hora de ler ao aire libre, aproveitando o bo tempo.
04/05/2026
OS NOSOS CONTOS FAVORITOS
No mes de abril, cada neno e nena da clase dos canciños, trouxo o seu libro ou conto favorito e compartiuno cos compañeiros e compañeiras. Faláronnos da súa páxina favorita, explicaron o argumento e, sobre todo, transmitiron a ilusión pola lectura.
Unha experiencia moi enriquecedora que nos axuda a medrar como lectores e lectoras!
27/04/2026
DEGUSTACIÓN DE LIBROS
07/03/2026
27/02/2026
UN BECHO EXTRAÑO
Os nenos e nenas de 4º de Infantil leron o conto,
" Un becho extraño", e encantoulles.
Elaboraron coa plasti o seu propio becho.
18/11/2025
CONTACONTOS DE SAMAÍN NA "CLASE DOS CANGUROS"
CONTACONTOS DE SAMAÍN NA "CLASE DOS CANGUROS"
A "clase dos canguros" tivemos unha sorpresa espectacular; contamos coa visita da familia de Daniela, a súa nai, Tania, e o seu irmán, Yago, que nos viñeron a contar contos moi divertidos por Samaín. Ademais foi moi intrigante porque o ambientaron "terroríficamente". Moitas grazas pola visita. Esperámosvos pronto.
31/05/2025
PRÉSTAMOS DE BIBLIOTECA
O alumnado de infantil fai un préstamo semanal na biblioteca de Paco. Disfrutamos dunha hora de biblioteca semanal onde os nenos e nenas devolven o conto da semana pasada, disfrutan un rato de lectura e escollen o conto que queren levar esa semana na súa carpeta de biblioteca. E logo para rematar sempre hai unha sesión de contacontos.
23/05/2025
VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL
Estes días, cos ensaios do festival das Letras galegas, fomos a ensaiar ao auditorio, e aproveitamos para visitar a biblioteca municipal de Moaña para disfrutar un rato da lectura. Gustounos moito, así que pronto volveremos a facer alí algunha actividade de lectura.
Grazas Bea, pola túa acollida na biblioteca.
02/05/2025
OS NOSOS CONTOS FAVORITOS
23/04/2025
DÍA DO LIBRO
Hoxe celebramos o Día do Libro na biblioteca do colexio, cunha sesión de contacontos moi especial, a cargo de Olalla González, compañeira do colexio e autora de moitos libros infantís. O alumnado, dende infantil ata os maiores do cole, disfrutaron coas súas historias.
FELIZ DÍA DO LIBRO!!!
08/04/2025
CONTACONTOS
Hoxe disfrutamos dunha sesión de contacontos ó aire libre, aproveitando o bo tempo. Nesta ocasión, a nosa compañeira Olalla González, contounos os contos de "O coelliño branco" e "Carapuchiña vermella".
02/04/2025
22/03/2025
MIGALLAS
18/03/2025
CONTACONTOS NA BIBLIO
11/03/2025
Actuación Migallas
23/02/2025
Contacontos
O venres tivemos en infantil unha sesión de contacontos coa nosa compañeira Rocío.
Leunos o conto de "Topito terremoto", de Anna Llenas, unha historia que traballa a educación emocional. Un topito que ten un enerxía desbordante e non sabe como canalizala, e buscan axuda na maga do bosque.
E ó rematar, presentounos unhas caixas cheas de sorpresas, que poñeremos no noso recuncho da calma, para poder ir cando esteamos nerviosos, cansados, cando queiramos estar un rato sós, ou simplemente para disfrutar da tranquilidade.












