Esta semana tivemos dúas sesión de "As familias contan" na clase dos canciños. Sara, a nai de Amaia, e Nuria, a nai de Alex.
Enccántanos ter de contacontos as nosas familias!!!
Esta semana tivemos dúas sesión de "As familias contan" na clase dos canciños. Sara, a nai de Amaia, e Nuria, a nai de Alex.
Enccántanos ter de contacontos as nosas familias!!!
Comezamos un ano máis a actividade de fomento da lectura, "As familias contan".
Na clase de 6ºI, tivemos dúas visita, Ruth, a nai de Lucas, e Andrea, a nai de Naira, q se animaron a vir a contarnos dous contos moi especiais.
Grazas por compartir estes momentos de lectura!
Grazas a ANPA pola súa dedicación e implicación un ano máis nesta celebración, facendo posible unha xornada chea de alegría e convivencia. Grazas tamén a todas as familias pola súa participación. Entre todos e todas conseguimos crear momentos especiais que fortalecen a nosa comunidade educativa.
Esta semana recibimos no colexio unha visita moi especial. Samuel, o pai de Jacobo, e Isaac, presentáronnos aos seus canciños: Yas e Cen, uns cans que teñen un misión moi especial, xa que son cans de terapia, e Panda, un can moi simpático que nos fixo un montón de acrobacias.
MANUALIDADE DE OUTONO EN FAMILIA NA "CLASE DOS CANGUROS"
Coa chegada do outono e, despois de todo o que levamos traballando con el, "os canguros" tivemos unha visita marabillosa na aula, a nai de Nairobi, Rebeca, que sempre se apunta a un bombardeo e nos trae ideas estupendas como a desta ocasión, un obradoiro onde o alumnado realizou o seu propio animal de outono, un fermosísimo ourizo. Quedaron preciosos. Moitas grazas Rebeca, esperámoste pronto.
Seguimos co proxecto do teatro en infantil. Durante o segundo e o terceiro trimestre, o alumnado aportou ao proxecto Teatro Quintela, monicreques que tiña na casa para investigar sobre o teatro. Aquí tedes unha mostra do que trouxeron á escola.
Grazas familias!!
A ANPA sacou a súa vea creativa para facer do patio un incrible espazo de xogos, atreveuse a facer : un gran parchís e un circuito para coches e motos dos máis pequenos ademáis restaurou os xogos que xa había.
Moitas grazas familias pola vosa colaboración!!!
Comezamos un ano máis coa actividade organizada pola biblioteca, "As familias contan", e na clase das tartarugas xa tivemos tres visitas moi especiais: Sara, a nai de Amaia, e Carla e Elena, as tías de Óliver e Christian. Contáronnos tres divertidas e fermosas historias que nos encantaron. Sempre é un pracer compartir lecturas coas familias.
Moitas grazas a todas!!!
En quinto de infantil recibimos a visita da avoa de Tiana, que cociñou con nós madalenas e galletas. Pasámolo moi ben e estaba todo riquísimo.
A semana pasada tivemos unha sorpresa moi especial na clase de 4º de infantil. Visitounos Fran, o pai de Pepe, e as súas tartarugas, Donatello e Michelangelo.
Como estamos investigando de tartarugas, aproveitamos para ver as partes do corpo, como camiñan e nadan, démoslles de comer, aprendemos canto son 20 cos dedos (son os anos que teñen), e poidemos comprobar que teñen o caparazón moi duro.
Grazas Pepe e Fran, por compartir con nós esta experiencia!!!
En quinto de infantil invitamos as avoas e avós a realizar actividades con nós na aula e varias avoas ofrecéronse para cociñar. A primeira en visitarnos foi Maruja, a bisavoa de Chloe, coa que fixemos unhas chulas de cabazo que estaban deliciosas.
Este curso o proxecto do cole é "O Mar", polo que Paco nos enviou unha carta para que os golfiños e as baleas investigásemos sobre as bateas.
Aproveitando que dúas das nosas familias traballan nas bateas, invitámolas para que compartisen con nós os seus coñecementos, as súas vivencias e experiencias. Aprendemos moitas cousas, polo que lles queremos dar as grazas a Adrián e Mario por animarse a visitarnos. As familias sodes unha gran fonte de aprendizaxe para nós.
AS ARTISTAS E OS ARTISTAS TIÑAMOS GANAS DE COCIÑAR E INVITAMOS A CARLA Á NOSA CLASE.
COMO É NUTRICIONISTA, FALOUNOS DA IMPORTANCIA DUNHA BOA ALIMENTACIÓN PARA MEDRAR SANS E TER MUITA ENERXÍA E DESPOIS PREPARAMOS UNHA RIQUÍSIMA MERENDA: CROCANTE DE SEMENTES E BATIDOS DE MANGO E AMORODOS: NON QUEDOU NADA!
HOXE VEU SUSANA Á NOSA CLASE. É OURIVE: FAI XOIAS DE FORMA ARTESANAL CON PRATA, OURO, PEDRAS PRECIOSAS...E MOITOS MATERIAIS MÁIS, COMO PLÁSTICO, COIRO, MADEIRA...OU DENTES DE TIBURÓN!
EXPLICOUNOS COMO SE TRABALLA COA PRATA:
Na clase das Tartarugas temos un recanto especial, onde está o mural coas nosas familias, porque na familia é donde comeza todo.
Na clase limos o conto "Un puñado de botones", onde descubrimos que hai moitos tipos de familias, pero todas teñen un fío invisible que une aos seus membros e fan que se axuden e que se queran.
Hoxe, 15 de maio, é o Día Internacional da Familia. Vós, as familias, sodes o motor das vidas de cada unha das Tartarugas, por iso, durante este trimestre adicamos un tempo para coñecervos a tod@s.
Está aventura acaba de comezar, queda moito percorrido xunt@s, así que é importante coñecernos. Grazas por compartir coas demais Tartarugas un anaco das vosas vidas.
Feliz día FAMILIAS!!!
Grazas á ANPA do cole agora pasámolo moito mellor cando nos toca xogar nesta zona do patio. A casiña é preciosa !
Moitísimas grazas a todas as familias que o fixeron posible.