Comezamos un ano máis coa actividade organizada pola biblioteca, "As familias contan", e na clase das tartarugas xa tivemos tres visitas moi especiais: Sara, a nai de Amaia, e Carla e Elena, as tías de Óliver e Christian. Contáronnos tres divertidas e fermosas historias que nos encantaron. Sempre é un pracer compartir lecturas coas familias.
Moitas grazas a todas!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.