MANUALIDADE DE OUTONO EN FAMILIA NA "CLASE DOS CANGUROS"
Coa chegada do outono e, despois de todo o que levamos traballando con el, "os canguros" tivemos unha visita marabillosa na aula, a nai de Nairobi, Rebeca, que sempre se apunta a un bombardeo e nos trae ideas estupendas como a desta ocasión, un obradoiro onde o alumnado realizou o seu propio animal de outono, un fermosísimo ourizo. Quedaron preciosos. Moitas grazas Rebeca, esperámoste pronto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.