O noso colexio participa un curso máis no proxecto Meteoescolas, dentro dos Plans Proxecta. No noso cole chamámoslle Proxecto Meteoquintela, e con el pretendemos desenvolver competencias en investigación medioambiental entre todo o alumnado do centro, mediante a observación directa do clima.
Grazas á estación meteorolóxica que temos na escola, todos os días o alumnado de 6º de primaria recolle os datos da temperatura e das precipitacións e apunta eses datos na pizarra que temos na entrada do colexio.
Os leopardos visitamos a estación meteorolóxica para coñecer como se recollen estes datos, tanto a temperatura, co termómetro, como as precipitacións, co pluviómetro.
Na clase dos leopardos, traballamos diariamente coa temperatura actual, polo que o encargado/a vai ao taboleiro e despois o rexistra nunha gráfica que temos na aula. Aprendemos así, a importancia da temperatura, así sabemos cando vai frío ou calor, e aprendemos a diferencialo do estado do ceo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.