01/02/2016

METEOQUINTELA

O colexio participa durante este curso no proxecto de MeteoEscolas, dentro dos Plans Proxecta. 
A partir de hoxe, este proxecto comeza a andar no noso centro, coa participación de todo o profesorado e todo o alumnado, co nome de METEOQUINTELA.


Con este proxecto, o alumnado desenvolverá competencias en investigación medioambiental mediante a observación directa do clima na nosa escola, e así tomaremos datos das precipitacións e das temperaturas, grazas a estación metereolóxica que temos instalada no noso centro, que consta dun termómetro e dun pluviómetro.


Diariamente, o alumnado do centro, por turnos (este mes tócalle aos maiores do cole),anotará a chuvia recollida, a temperatura máxima, mínima e actual, e anotarán estes datos  na entrada do colexio, nun taboleiro, para que así todo o alumnado poida cosultar eses datos e traballar logo nas diferentes aulas.



Estes datos  permitirán obter unha serie de datos estatísticos como a temperatura máxima do mes, cal foi o día que máis choveu, canto se recolleu, cantos días de sol tivemos,..

Xa vos iremos contando como vai a nosa investigación!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.