30/11/18

TRABALLANDO EN EQUIPO

ESTA SEMANA RECIBIMOS A VISITA DA PROTECTORA DE ANIMAIS E DEIXÁRONNOS UNHA MANUALIDADE DUNS CANCIÑOS PARA FACER, E PEDÍMOSLLES  AOS NENOS E NENAS DE 5º DE PRIMARIA, OS NOSOS PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES/AS,  QUE NOS AXUDARAN.

A EXPLICACIÓN...


MANS Á OBRA...



A TRABALLAR!


CANCIÑOS LISTOS!!!



E  CANDO REMATAMOS RELAXÁMONOS CUN CONTO


29/11/18

VISITA DA PROTECTORA DE ANIMAIS

Esta semana, na clase de 6º de infantil,  recibimos a visita de Lorena e Rebeca, traballadora e voluntaria da Protectora de Animais do Morrazo.
Estabamos entusiasmados coa visita, xa que este trimestre estamos investigando a tope sobre os canciños e elas están facendo un labor importantísimO cos nosos "amigos".
Visitounos tamén Chispa, unha cadeliña moi boa que soubo acoller todos os "mimos" que tiñamos gardados para ela.
Explicáronnos o labor tan importante que fan na protectora, o traballo diario que teñen que facer (limpar, dar de comer, atender os cans enfermos, levalos ao veterinario, peinalos,...), a importancia do microchip,...
GRAZAS POLA VOSA VISITA O POLO IMPORTANTE LABOR QUE FACEDES!!!

ESTA É A NOSA CAIXA DE AREA MULTISENSORIAL

AS TARTARUGAS SEGUIMOS APRENDENDO DIFERENTES TRAZOS, LETRAS E NÚMEROS A TRAVÉS DOS NOSOS SENTIDOS



OS DINOSAUROS TRABALLAN MOITíSIMO EN RECANTOS

Dende que comezou o curso os dinosauros foron aprendendo xogos novos nos recantos, sendo cada vez máis autónomos.


  Para que vexades que é certo que os nen@s están todo o día xogando, pero ó mesmo tempo APRENDENDO


¡¡¡Traballan moitísimo!!


27/11/18

ESCORNABOTS EN 6º DE INFANTIL

OS CANCÑOS TIVERON ESTES DÍAS A SÚA PRIMEIRA EXPERIENCIA CO ESCORNABOT. O PRIMEIRO DÍA TRABALLAMOS NUNHA SESIÓN CO ROBOT CUNHA SOA PLANTILLA E NA SEGUNDA SESIÓN O COMPLICAMOS MÁIS E XA UTILIZAMOS DÚAS.

NESTE PRIMEIRO CONTACTO O IMPORTANTE É FAMILIARIZARSE CO ROBOT, COMPRENDENDO OS SEUS MOVEMENTOS : ADINATE E XIRO

TRABALLAMOS NAS DÚAS SESIÓNS TODOS XUNTOS PARA IR APRENDENDO MELLOR A MECÁNICA DO XOGO.


O NOSO OBXETIVO ERA RECOÑECER AS DIFERENTES RAZAS DOS CANS, XA QUE ESTAMOS INVESTIGANDO SOBRE ELES, E ASÍ O TRABALLAMOS DUN XEITO MÁIS MOTIVADOR PARA ELES.

POUCO A POUCO, ELES VAN RECOÑECENDO OS LOGROS E OS ERROS QUE NOS IMOS ATOPANDO PARA IR AVANZANDO NESTA NOVA APRENDIZAXE.













OS DINOSAUROS NO XIMNASIO

COMO NOS GUSTA IR AO XIMNASIO...



AS TARTARUGAS EN PSICOMOTRICIDADE

ESTAMOS DESFRUTANDO MOITO NAS SESIÓNS DE PSICO, FACENDO XOGOS CON MATERIAL DIVERSO.




OS CANS NO XIMNASIO

MIRADE QUE BEN O PASAMOS EN PSICO. ENCÁNTANOS MANIPULAR MATERIAL VARIADO!



AS TARTARUGAS E OS DINOSAUROS APRENDEN SOBRE EDUCACIÓN VIAL EN PSICO

ESTOS DÍAS, NO XIMNASIO, ESTIVEMOS FACENDO CIRCUITOS CON SINAIS DE TRÁFICO. GUSTOUNOS  MOITO!!







26/11/18

PADRIÑOS LECTORES

ESTE CURSO COMEZAMOS UNHA NOVA ACTIVIDADE ORGANIZADA DENDE A BIBLIOTECA ESCOLAR PARA PROMOVER A LECTURA: O APADRIÑAMENTO LECTOR.
HOXE OS NENOS E NENAS DE 6º DE INFANTIL RECIBIRON OS SEUS PADRIÑOS LECTORES, OS NENOS E NENAS DE 5º DE PRIMARIA, E APROVEITAMOS PARA PRESENTARNOS E LER UNS CONTOS ,COS QUE GOZAMOS MOITO.






23/11/18

PORQUE NOS PETA!

O ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL, NO OBRADOIRO DE POESÍA, FIXERON UNHA ADAPTACIÓN DO POEMA DE FRAN ALONSO, "O MEU GATO É UN POETA". 
CON MOTIVO DE ESTAR INVESTIGANDO OS CANS, FIXERON A ADAPTACIÓN RELACIONADA COS CANCIÑOS.
MIRADE QUE POEMAS TAN CHULOS LLES QUEDARON!!!


21/11/18

O OUTONO

OS CANCIÑOS FIXEMOS UNHA MANUALIDADE COAS FOLLAS DE OUTONO. MIRADE QUE GUAPOS E GUAPAS ESTAMOS!!!




MAGOSTO

16/11/18

Día da ciencia na biblioteca

O mes de novembro é o mes da ciencia en galego no noso cole. Este curso o alumnado de 4º desenvolveu un proxecto sobre o xeógrafo Domingo Fontán e preparou 9 experimentos para compartilos co alumnado do resto da escola. É unha importante tarefa que incide en moitas disciplinas, ademais da científica. Valoramos o impacto emocional da proposta.



5º INF E OS DINOSAUROS CO ESCORNABOT

Na clase de 5º de Infantil xa tiveron a segunda sesión co escornabot.

Esta vez na plantilla tiñan os debuxos dos dinosauros que están a traballar (os dinosauros dos equipos da aula e a mascota da clase ).
O obxectivo era mellorar o manexo do escornabot facendo os camiños correctos para chegar ao dinosauro elixido, e pola outra banda identificar os dinosauros sobre os que etán recollendo información.

Esta vez complícase un pouco máis a tarefa, xa que a norma é que non poden pisar os demáis dinosauros, non os poden aplastar, polo que teñen que buscar o camiño correcto.

 


 


 O nivel de dificultade tamén cambia, sendo o primeiro un panel en A3 e logo dous xuntos, tendo así que contar máis casillas e facendo un percorrido maior.
Noutra actividade seguen traballando diferentes competencias, neste xogo cada un decide a que dinosauro quere chegar e dá as instrucións ao robot.





 Eles mesmos fan autoavaliación ao comprobar se o scornabot chega ou non ao dinosauro desexado.
O exercicio de atención e autocontrol é importante, todos seguen a actividade, agardando impacientes a súa quenda.



15/11/18

OS DINOSAUROS COÑECEN O ESCORNABOT

OS NENOS E NENAS DE 5º DE INFANTIL TEÑEN A PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO CO ESCORNABOT NUNHA SESIÓN DESPOIS DO PATIO.

O OBXECTIVO PRINCIPAL ERA FAMILIARIZARSE CO ROBOT, COMPRENDENDO OS SEUS MOVEMENTOS POUCO A POUCO PARA CONSEGUIR ANTICIPAR VARIOS MOVEMENTOS A VEZ: 2 ADINATE, XIRO, 1 PARA DIANTE (POR EXEMPLO).

 ADEMAIS TRABALLAMOS O CONTEO ATA 6 UTILIZANDO COMO ELEMENTO MOTIVADOR E SIGNIFICATIVO O DADO, PARA A POSTERIOR ASOCIACIÓN DAS CARAS DO DADO COA PLANTILLA DADA TRABALLANDO A COMPETENCIA MATEMÁTICA ADEMAIS CLARAMENTE DA COMPETENCIA DIXITAL.

NESTA PRIMEIRA VEZ XOGAMOS TODOS XUNTOS, EN GRAN GRUPO, PARA ENTENDER A DINÁMICA DOS MOVEMENTOS, SAÍNDO DE FORMA INDIVIDUAL E EN PARELLAS.

AS CARAS DAS FOTOS XA DIN TODO.




OS PRIMEIROS PASOS PARA APRENDER A DIRIXILO

12/11/18

"EU TEÑO UN CANCIÑO"

OS NENOS/AS DE 6º DE INFANTIL ESTAMOS INVESTIGANDO SOBRE OS CANCIÑOS POLO QUE ADEMaIS DE APRENDER MOITAS COUSAS SOBRE ELES, PASÁMOLO XENIAL BAILANDO A CANCIÓN DE MIGALLAS "EU TEÑO UN CANCIÑO".




AS TARTATUGAS APRENDEMOS XOGANDO


USAMOS A NOSA MESA DE LUZ PARA XOGAR COS NÚMEROS. COLOCAMOS TANTAS PEZAS COMO INDICA O NÚMERO E FACeMOS O TRAZO CON CHAPIÑAS DE CORES





OUTRO DOS NOSOS XOGOS FAVORITOS É O DAS  LETRAS CON ESTRADAS. CADA NENA E CADA NENO FIXO O PERCORRIDO DA SÚA INICIAL CUN COCHE 



09/11/18

PARA AS FAMILIAS QUE NON PODEDES VER O NOSO BOSQUE

ESTAMOS A PIQUES DE RECOLLER O NOSO BOSQUE PARTICULAR

 ESTA FOI A REACCIÓN DOS NENOS E NENAS CANDO O ATOPARON



NA CLASE DE 5º DE INFANTIL PLANTAMOS BULBOS

PARA QUE MEDREN NARCISOS E XACINTOS É COMO UN OVO SORPRESA A VER QUE LLE TOCA A CADA UN, AGORA TEMOS QUE COIDALOS E ESPERAR



COMO É O CAPARAZÓN DAS TARTARUGAS, DURO OU BRANDO?

Despois desta pregunta que xurdiu falando do caparazón da nosa mascota de clase, decidimos que queríamos entender que era iso de duro e brando. Grazas a colaboración das familias conseguimos unha chea de obxetos e observámolos, tocámolos, apretámolos e clasificámolos segundo eran duros ou brandos.

08/11/18

PLANTAMOS OS XACINTOS

OS NENOS E NENAS DE 6º DE INFANTIL PLANTARON ESTA SEMANA  UNS XACINTOS. AGORA TOCA REGALOS, DARLLES MOITO CARIÑO E  ESPERAR A QUE MEDREN MOITO!!!


DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 DE OUTUBRO CELEBRAMOS NO COLEXIO O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, POÑENDO EN MARCHA UNHA NOVA ACTIVIDADE COA QUE ESPERAMOS COMPARTIR MOITOS E FERMOSOS MOMENTOS ARREDOR DA LECTURA: O APADRIÑAMENTO LECTOR.
OS NENOS E NENAS DE 4º E 5º DE INFANTIL COÑECERON OS SEUS PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS (DE 3º E DE 4º DE PRIMARIA), COS QUE INTERCAMBIARON UNS FERMOSOS POEMAS .














 





02/11/18

SAMAÍN NA CLASE DOS CANCIÑOS

ESTA SEMANA CELEBRAMOS O SAMAÍN NO COLEXIO. ACENDIMOS AS CABAZAS E DABAN MOITO MEEEEEEEDOOOOOOO!!!
E APRENDEMOS A CANCIÓN DE MAMÁ CABRA, DO CD PATATÍN PATATÁN, TITULADA "SAMAÍN". MIRADE QUE BEN A CANTAMOS...