16/11/2018

5º INF E OS DINOSAUROS CO ESCORNABOT

Na clase de 5º de Infantil xa tiveron a segunda sesión co escornabot.

Esta vez na plantilla tiñan os debuxos dos dinosauros que están a traballar (os dinosauros dos equipos da aula e a mascota da clase ).
O obxectivo era mellorar o manexo do escornabot facendo os camiños correctos para chegar ao dinosauro elixido, e pola outra banda identificar os dinosauros sobre os que etán recollendo información.

Esta vez complícase un pouco máis a tarefa, xa que a norma é que non poden pisar os demáis dinosauros, non os poden aplastar, polo que teñen que buscar o camiño correcto.

 


 


 O nivel de dificultade tamén cambia, sendo o primeiro un panel en A3 e logo dous xuntos, tendo así que contar máis casillas e facendo un percorrido maior.
Noutra actividade seguen traballando diferentes competencias, neste xogo cada un decide a que dinosauro quere chegar e dá as instrucións ao robot.





 Eles mesmos fan autoavaliación ao comprobar se o scornabot chega ou non ao dinosauro desexado.
O exercicio de atención e autocontrol é importante, todos seguen a actividade, agardando impacientes a súa quenda.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.