30/11/2016

Os Tiburóns traballamos cooperativamente

Cando fomos a Chan da Aquiña, os Tiburóns fixemos un xogo de pistas que preparamos entre todos antes de saír do cole. Tratábase de, divididos en dous equipos, buscar unha serie de elementos do outono e recollelos nunha bolsa.













Ao día seguinte, xa na clase, xuntámonos para pensar como poderíamos saber que equipo conseguira reunir todos os elementos. Chegamos a conclusión de que teríamos que xuntarnos por equipos outra vez, baleirar as bolsas e ver que tiñamos dentro.

Foi unha actividade moi interesante xa que, sen premisa ningunha pola miña parte, eles e elas puxéronse mans a obra:












E así foi como os Tiburóns non só traballaron en equipo, senón que o fixeron de xeito cooperativo, axudándose e aprendendo uns dos outros, sendo responsables do propio traballo e do traballo dos demais. 

O traballo cooperativo favorece a integración de todos os en e nenas da clase na actividade, xa que cada un vai aportar as súas habilidades e coñecementos. Así:
- uns clasificaron os diferentes elementos (pedras, castañas, paus, follas de castiñeiro,...)
- outros ordenaron
- outros mediron os paus (tiñamos a premisa de que os paus non podían ser máis longos ca palma da man)
- outros contaron
- outros rexistraron os datos (ao observar que non ían lembrarse de cantas cousas tiñan, os dous equipos pediron un papel e lápis para apuntar)
- outros ían comprobando se o que apuntaban era correcto
- outros proclamáronse portavoces á hora de poñer os datos en común,....


E así, xurdiu unha actividade na que traballamos moitísimos conceptos lóxico-matemáticos e de lecto-escritura.




 E para que vexades que en vivo é ainda máis interesante, deixámosvos un anaquiño da actividade en vídeo:





































29/11/2016

AS TARTARUGAS TIVEMOS VISITA

As tartarugas estamos investigando sobre a nosa mascota e onte tivemos a sorte de que Tati, a coidadora do Plan Madruga, nos trouxera a súa tartaruga, que se chama PEPA. 

Nós xa aprenderamos moitas cousas sobre este animal, pero Tati, contounos cousas moi interesantes que non sabiamos, como que as femias teñen a parte de abaixo do caparazón plano e os machos curvo.

Observamos as partes de Pepa: o duro caparazón que ten, a cabeza coa súa boca en forma de pico, a súa cola que a tiña escondidiña, e as catro patas con cinco dediños en cada unha.

A pobre Pepa estaba un pouco asustada porque eramos moitos e non nos coñecía nin estaba na súa casiña, así que para darlle de comer a metimos na auga a ver si así lle entraba o apetito.

E como non, avisamos aos elefantes para que viñeran coñecer a Pepa. 

Moitas grazas a Tati e a Pepa pola súa visita!!!

27/11/2016

25 de novembro: pola eliminación da violencia contra as mulleres.

O pasado venres os Tiburóns fixemos, xunto cos nenos/as de 1º, un pequeno mural para conmemorar o 25 de novembro. Mirade que chulo quedou!











22/11/2016

CHAN DA ARQUIÑA

ESTAS SON AS FOTOS DA EXCURSIÓN A CHAN DA ARQUIÑA, PARA QUE VEXADES QUE BEN O PASAMOS.

19/11/2016

AS TARTARUGAS NO XIMNASIO

AÍ VAI UNHA MOSTRA DO BEN QUE O PASAMOS NO XIMNASIO AS TARTARUGAS!!!



17/11/2016

AS TARTARUGAS NA BIBLIOTECA


Ao comezo de curso as tartarugas visitamos a biblioteca para coñecer a nosa mascota: PACO.  

Aproveitamos sempre que imos para ler contos








Aprendemos como se clasifican os contos. Cada conto ten a súa pegatina para saber así en que estantería hai que colocala: árbore, nube, sol,... , e practicamos.


E hoxe por fin, como xa somos moi maiores, fixemos o préstamo na biblioteca, xa que ata agora o faciamos na clase na nosa biblioteca de aula. Axudounos a profe Andrea a prestar os libros no ordenador, e aprendemos a colocar o conto  e a carpeta na mesa, a buscar o conto que nos apetece levar para casa, ...



 
 


FIXÉSTELO MOI BEN!!!

10/11/2016

O SAMAÍN DOS ELEFANTES

DÍA DA CIENCIA

CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DA CIENCIA, ONTE OS NENOS E NENAS DE 4º DE PRIMARIA INVITÁRONNOS A IR Á BIBLIOTECA , ONDE FIXERON PARA NÓS UNS EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS MOI INTERESANTES.

























                                   CANTO SABEN ESTES MAIORES!
         ...E COMO NOS GUSTA A NÓS QUE NOS ENSINEN ESTAS COUSAS!
                                           MOITAS GRAZAS!



Conto "El gusanito"


Un dos contos favoritos dos nenos e nenas que ademáis de divertido nos axuda a gañar mobilidade coa lingua. É fantástico!!

02/11/2016

Información sobre a estimulación da linguaxe oral



¿CÓMO PODEMOS ESTIMULAR  A LINGUAXE DOS NOSOS NENOS E NENAS?




Cousas importantes que temos que saber

A linguaxe é un dos aspectos fundamentais para desenvolver o noso pensamento e para comprender o mundo que nos rodea 

Os adultos somos os referentes lingüísticos dos cativos e cativas, temos que ser conscientes da nosa gran influencia sobre eles 

A adquisición completa dos fonemas culmina ao arredor dos sete anos. Cada neno e nena segue o seu propio ritmo para acadalos.

                                                        ¿QUÉ TEMOS QUE EVITAR?


-         Non empregar palabras infantís como por exemplo: guaguau. Os nenos e nenas aprenden por imitación polo que é importante ofrecerlles o modelo correcto.
-         Non empregar chupete xa que pode modificar a súa anatomía orofacial.
-     Non corrixir os erros de fala do rapaz ou rapaza pero ofrecer inmediatamente o modelo correcto.
-         Non obsesionarse coas dificultades na fala porque a ansiedade transmítese aos nenos e nenas.







                                 ¿Cómo podemos estimular a linguaxe na casa?


Dedicando un tempo diario para falar co neno e darlle tempo suficiente para que se exprese.

Favorecer unha mastigación e deglución acorde coa súa idade axudará na motricidade e mobilidade dos órganos bucofonatorios.  

Realizar xogos lingüísticos como: palabras encadeadas, veo-veo, chistes e adiviñas, formación de palabras a partir letras, ...

É moi útil empregar xoguetes de sopro  para gañar en intensidade e control tales como: palliñas, mini-instrumentos de vento, matasuegras, pompeiros, carreiras de algodón... 

Aproveitar o lavado de dentes para facer gárgaras, traspasar liquido dun vaso o lavabo, facer masaxe na lingua co cepillo, facer muecas diante do espello, empañalo espello mediante a respiración, etc.

Para exercitar a mobilidade da lingua, beizos e mandíbula podemos empregar recursos de youtube sobre praxias como os que se recomendarán neste blog.