29/11/16

AS TARTARUGAS TIVEMOS VISITA

As tartarugas estamos investigando sobre a nosa mascota e onte tivemos a sorte de que Tati, a coidadora do Plan Madruga, nos trouxera a súa tartaruga, que se chama PEPA. 

Nós xa aprenderamos moitas cousas sobre este animal, pero Tati, contounos cousas moi interesantes que non sabiamos, como que as femias teñen a parte de abaixo do caparazón plano e os machos curvo.

Observamos as partes de Pepa: o duro caparazón que ten, a cabeza coa súa boca en forma de pico, a súa cola que a tiña escondidiña, e as catro patas con cinco dediños en cada unha.

A pobre Pepa estaba un pouco asustada porque eramos moitos e non nos coñecía nin estaba na súa casiña, así que para darlle de comer a metimos na auga a ver si así lle entraba o apetito.

E como non, avisamos aos elefantes para que viñeran coñecer a Pepa. 

Moitas grazas a Tati e a Pepa pola súa visita!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.