30/11/16

Os Tiburóns traballamos cooperativamente

Cando fomos a Chan da Aquiña, os Tiburóns fixemos un xogo de pistas que preparamos entre todos antes de saír do cole. Tratábase de, divididos en dous equipos, buscar unha serie de elementos do outono e recollelos nunha bolsa.













Ao día seguinte, xa na clase, xuntámonos para pensar como poderíamos saber que equipo conseguira reunir todos os elementos. Chegamos a conclusión de que teríamos que xuntarnos por equipos outra vez, baleirar as bolsas e ver que tiñamos dentro.

Foi unha actividade moi interesante xa que, sen premisa ningunha pola miña parte, eles e elas puxéronse mans a obra:












E así foi como os Tiburóns non só traballaron en equipo, senón que o fixeron de xeito cooperativo, axudándose e aprendendo uns dos outros, sendo responsables do propio traballo e do traballo dos demais. 

O traballo cooperativo favorece a integración de todos os en e nenas da clase na actividade, xa que cada un vai aportar as súas habilidades e coñecementos. Así:
- uns clasificaron os diferentes elementos (pedras, castañas, paus, follas de castiñeiro,...)
- outros ordenaron
- outros mediron os paus (tiñamos a premisa de que os paus non podían ser máis longos ca palma da man)
- outros contaron
- outros rexistraron os datos (ao observar que non ían lembrarse de cantas cousas tiñan, os dous equipos pediron un papel e lápis para apuntar)
- outros ían comprobando se o que apuntaban era correcto
- outros proclamáronse portavoces á hora de poñer os datos en común,....


E así, xurdiu unha actividade na que traballamos moitísimos conceptos lóxico-matemáticos e de lecto-escritura.




 E para que vexades que en vivo é ainda máis interesante, deixámosvos un anaquiño da actividade en vídeo:





































Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.