30/11/2008

SALÓN DO LIBRO

Na segunda semana de novembro participamos no II salón do libro de Moaña.O grupo de 5 anos ,xunto con nenos e nenas de Reibón elaborou o seu propio monicreque de calcetín,e despois visitamos o salón.O tema deste ano era o do mar así que había quenllas,piratas e medusas.Era a primeira vez que visitabamos a biblioteca despois das acertadas reformas,e quedáronnos ganas de volver.Suso,o bibliotecario dixo que si podíamos levar libros prestados si volvíamos con algún dos nosos pais.

26/11/2008

CANCIÓN DE OUTONO

UN POEMA DE GARCÍA LORCA,NAS VOCES DOS NOSOS NENOS E NENAS:



Podes facer un comentario premendo en "0 comentarios"

13/11/2008

MAGOSTO

O xoves 6 fixemos o magosto na escola.Había moitos xogos nos que participar,pero a choiva mandounos ao abrigo dos patios cubertos.

24/10/2008

VISITA Á LUDOTECA

O mércores 22 fomos de visita á Ludoteca.
As monitoras ensináronnos todas as zonas de xogo, cantáronnos cancións e explicáronnos cales eran os alimentos que necesitamos para medrar sans.
Había contos, pinturas, bonecas, motos, un teatro con monicreques e ata unha piscina de bolas. É MOI DIVERTIDO!
Agora xa coñecemos as monitoras e as aulas así que podemos volver acompañados por mami ou papi. A Ludoteca abre de 16h a 20h.

15/10/2008

Escollemes mascota





Os nenos e nenas de 5º de Infantil, o primeiro día de clase, elixiron a súa mascota, que lles acompañará durante todo o curso. Cada neno e nena dixo o animal que máis lle gustaba como mascota: can, gato, gorila, ..., pero ó final gañou o ELEFANTE.

Levamos dende ese día aprendendo cousas sobre este animal. ¡Xa vos contaremos o que descubrimos!

Benvidos

¡BENVIDOS Ó CURSO 2008-2009!
Durante todo o curso poderedes consultar esta páxina, donde vos iremos mostrando as diferentes actividades que faremos cos nenos e nenas de Infantil do noso cole de Quintela.
¡Esperámosvos!










20/06/2008

FELICES VACACIÓNS

O último día do curso sempre é un día especial para os nenos e nenas, polo tanto fixemos moitos xogos para pasar este día dunha forma diferente: xogamos ó pano, explotamos globos co cu, bailamos, xogamos ó xogo da culler e o ovo, o xogo das cadeiras, e como non, fixemos unha merendola. Tamén viñeron a despedirse as nenas de 6º, xa que o ano que ven marchan para o Instituto.
BICOS E FELIZ VERÁN









EXCURSIÓN Á PRAIA

O xoves día 19 fomos de excursión á praza de Moaña. Alí observamos os diferentes peixes, de distintas formas, tamaños, cores, ...












Despois, fomos á praia da Xunqueira para ver como traballan as mariscadoras, como collen as ameixas, os croques, os utensilios que utilizan,..., e para rematar, merendamos e xogamos no parque. Chegamos moi cansos pero o pasamos moi ben.


07/05/2008

VISITA DA POLICÍA MUNICIPAL

Con motivo de estar traballando no colexio a Educación Viaria, a policía local viu ó colexio a facernos unha visita.
Puxéronnos un vídeo sobre educación viaria, ensináronnos a placa de policía, o casco da moto, os traxes, trouxeron o coche e nos deixaron subir nel e puxeron a serea,...¡ O pasamos moi ben e aprendimos moitas cousas!

12/02/2008

30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ

O XOVES 30 DE XANEIRO CELEBRAMOS O DÍA ESCOLAR POLA PAZ.
A PAZ É UN CONCEPTO UN POUCO LONXANO PARA NÓS,ASÍ QUE TRABALLAMOS UN DOS SEUS ASPECTOS:A CONVIVENCIA ENTRE IGUAIS.
FIXEMOS VARIOS XOGOS COOPERATIVOS: DE COÑECEMENTO MUTUO (QUEN FALTA), DE CONFIANZA (O TÚNEL NEGRO),E UN DE RELAXACIÓN (A GATA GRETEL).
INTERCAMBIAMOS O MEDALLÓN DA PAZ PARA RECORDAR O DÍA, E AÍNDA QUE ESTOS XOGOS NOS EMOCIONAN MOITO,REMATAMOS QUE DANDO QUIETIÑOS CANDO A GATA GRETEL NOS BICABA.

11/02/2008

O CASTELO DE SOUTOMAIOR

FOMOS VISITAR O CASTELO DE SOUTOMAIOR ,EN ARCADE.O AUTOBÚS DEIXOUNOS NA ENTRADA DA MURALLA E SUBIMOS POR UNHAS ESCALEIRAS DE PEDRA.
A PONTE LEVADIZA ESTABA BAIXADA ,DESDE O PATIO DE ARMAS SUBIMOS ÁS AMEAS E OBSERVAMOS O MECANISMO DA PONTE.AS CADEAS ERAN MOI PESADAS.
VISITAMOS A TORRE DA HOMENAXE,A GALERÍA DAS DAMAS,O SALÓN COMEDOR E TAMÉN AS LETRINAS.TODO ERA DE PEDRA
CANDO SAÍMOS METÉMONOS POLO LABIRINTO DO XARDÍN SEN PERDERNOS.