O xoves día 19 fomos de excursión á praza de Moaña. Alí observamos os diferentes peixes, de distintas formas, tamaños, cores, ...
Despois, fomos á praia da Xunqueira para ver como traballan as mariscadoras, como collen as ameixas, os croques, os utensilios que utilizan,..., e para rematar, merendamos e xogamos no parque. Chegamos moi cansos pero o pasamos moi ben.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.