O mércores 22 fomos de visita á Ludoteca.
As monitoras ensináronnos todas as zonas de xogo, cantáronnos cancións e explicáronnos cales eran os alimentos que necesitamos para medrar sans.
Había contos, pinturas, bonecas, motos, un teatro con monicreques e ata unha piscina de bolas. É MOI DIVERTIDO!
Agora xa coñecemos as monitoras e as aulas así que podemos volver acompañados por mami ou papi. A Ludoteca abre de 16h a 20h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.