Para poder ver as imaxes, facede click nos círculos das bólas que decoran a árbore.
19/12/2019
FELICITACIÓN DE 4º DE INFANTIL
Para poder ver as imaxes, facede click nos círculos das bólas que decoran a árbore.
Etiquetas:
4º Infantil,
Celebracións: O Nadal,
curso 2019-2020
XOGO DE NADAL EN 5º DE INFANTIL
@S PIRATAS USAMOS A MESA DE EXPERIMENTACIÓN PARA UNHA ACTIVIDADE DE CLASIFICACIÓN NA QUE TIVEMOS QUE UTILIZAR A NOSA MOTRICIDADE FINA, ATENCIÓN E CONCENTRACIÓN
FELICITACIÓN DE NADAL DOS LEOPARDOS
OS LEOPARDOS DESEXÁMOSVOS UN BO NADAL E UN FELIZ ANO NOVO!!!
Etiquetas:
6ºInfantil,
Celebracións: O Nadal,
curso 2019-2020
OS XOVES CONTAMOS NÓS: IRENE
HOXE IRENE, CONTOUNOS O CONTO DOS BOLECHAS, "O LIBRO DE PILI".
QUEDAMOS ENCANTADOS/AS PORQUE A NÓS NOS ENCANTAN OS BOLECHAS, GUSTOUNOS TANTO QUE O CONTOU DÚAS VECES.
GRAZAS IRENE!!
Etiquetas:
6ºInfantil,
curso 2019-2020,
Fomento da lectura: Contamos nós
18/12/2019
OS XOVES CONTAMOS NÓS: NOELA
ESTA SEMANA TOCOULLE O TURNO A NOELA, QUE NOS CONTOU O CONTO DE "A EIRUGA GLOTONA".
FIXÉCHELO MOI BEN NOELA!!!
Etiquetas:
6ºInfantil,
curso 2019-2020,
Fomento da lectura: Contamos nós
08/12/2019
OS XOVES CONTAMOS NÓS: EMMA
ESTA SEMANA, NA CLASE DOS LEOPARDOS, TOCOULLE O TURNO A EMMA NA ACTIVIDADE "OS XOVES CONTAMOS NÓS".
RECITOUNOS O FAMOSO POEMA DE ROSALÍA DE CASTRO "ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES".
XENIAL, EMMA!
Etiquetas:
6ºInfantil,
curso 2019-2020,
Fomento da lectura: Contamos nós
02/12/2019
OBRADOIRO DE COCIÑA EN 4º DE INFANTIL
NA AULA DE 4º DE INFANTIL ESTIVEMOS COCIÑANDO E FIXEMOS UN DELICIOSO BISCOITO.
01/12/2019
OS XOVES CONTAMOS NÓS: ANA
ESTA SEMANA, NA CLASE DOS LEOPARDOS, COMEZAMOS UNHA NOVA ACTIVIDADE QUE SE CHAMA "OS XOVES CONTAMOS NÓS".
COMO NOS ENCANTAN OS CONTOS E XA SOMOS MOI MAIORES, A PARTIR DE AGORA OS XOVES TÓCANOS A NÓS CONTAR OS CONTO OU RECITAR UNHA POESÍA AOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.
ESTE XOVES COMEZAMOS CON ANA, QUE NOS CONTOU O CONTO "CORRE CORRE CABACIÑA".
AQUÓ TEDES UN TROZO DO CONTO CONTADO POR ELA!!!
Etiquetas:
6ºInfantil,
curso 2019-2020,
Fomento da lectura: Contamos nós
28/11/2019
OBRADOIRO DE COCIÑA
ESTA SEMANA, OS LEOPARDOS COCIÑAMOS UN BISCOITO DE IOGURT NO COLEXIO, IGUALIÑO QUE O RICO BISCOITO DE COCORICO. TRABALLAMOS EN GRUPO A RECEITA E PUXÉMONOS MANS A OBRA. ESTABA DELICIOSO!!!
Etiquetas:
6ºInfantil,
Aprendemos experimentando,
curso 2019-2020
27/11/2019
CONMEMORACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO
Onte celebramos o Día Mundial para a eliminación da violencia contra as mulleres no cole. Falamos moito do tema nas aulas e elaboramos, entre todo o alumnado do cole un mural, o cal fomos decorando con diversas cores e bolboretas.
15/11/2019
05/11/2019
03/11/2019
30/10/2019
24/10/2019
METEOQUINTELA EN 6º DE INFANTIL
O noso colexio participa un curso máis no proxecto Meteoescolas, dentro dos Plans Proxecta. No noso cole chamámoslle Proxecto Meteoquintela, e con el pretendemos desenvolver competencias en investigación medioambiental entre todo o alumnado do centro, mediante a observación directa do clima.
Grazas á estación meteorolóxica que temos na escola, todos os días o alumnado de 6º de primaria recolle os datos da temperatura e das precipitacións e apunta eses datos na pizarra que temos na entrada do colexio.
Os leopardos visitamos a estación meteorolóxica para coñecer como se recollen estes datos, tanto a temperatura, co termómetro, como as precipitacións, co pluviómetro.
Na clase dos leopardos, traballamos diariamente coa temperatura actual, polo que o encargado/a vai ao taboleiro e despois o rexistra nunha gráfica que temos na aula. Aprendemos así, a importancia da temperatura, así sabemos cando vai frío ou calor, e aprendemos a diferencialo do estado do ceo.
22/10/2019
16/10/2019
COMEZAMOS O PROXECTO "PIRATAS"
Este ano 5º de Infantil é a clase d@s Piratas, e por iso, xa temos preparada a nosa porta e o noso recanto do proxecto.
Ademais para ser auténtic@s piratas aprendimos este xuramento.
Etiquetas:
5ºInfantil,
curso 2019-2020,
Proxecto piratas
13/10/2019
CANCIÓN "OS CINCO PATIÑOS"
OS NENOS E NENAS DA CLASE DOS LEOPARDOS APRENDEMOS A FERMOSA CANCIÓN "OS CINCO PATIÑOS" DE GRUPO MUSICAL "OS GOLFIÑOS, DO CD, TÉ, CHOCOLATE E CAFÉ.
Etiquetas:
6ºInfantil,
Competencia artística,
curso 2019-2020
03/10/2019
SAÚDO DE PRINCIPIO DE CURSO
OLA!
XA ESTAMOS AQUÍ!
AS NENAS E NENOS DE INFANTIL QUEREMOS MANDARVOS UN SAÚDO E DICIRVOS QUE A PARTIR DE AGORA PODEDES VISITAR O NOSO BLOG PARA VER MUITAS DAS ACTIVIDADES QUE XA ESTAMOS FACENDO NO COLE.
BICOS DE 4º DE INFANTIL!
BICOS DOS PIRATAS DE 5º DE INFANTIL!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)