30/04/20

PROPOSTA DE IZAN PARA CUARTO DE INFANTIL


EMPEZAMOS CON IZAN, QUE  NOS MOSTRA   UN LIBRO  SOBRE  DINOSAUROS:



 E A PARTIR DE AGORA, CADA DÍA IREMOS VENDO OS QUE NOS CONTEN OS DEMAIS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.




Psicomotricidade fina


 BOAS FAMILIAS E PEQUES!
HOXE IMOS DEDICARLLE O NOSO TEMPO A TRABALLAR UN POUCO A PSICOMOTRICIDADE FINA.
RESALTAR A IMPORTANCIA DA PSICOMOTRICIDADE FINA QUE EXERCITA O DESENVOLVEMENTO E USO DOS ÓSOS DOS DEDOS E DAS MANS DOS CATIVOS E CATIVAS, TAN IMPORTANTE PARA ADQUIRIR DESTREZAS POSTERIORES.
AQUI VAN ALGUNHAS ACTIVIDADES MOI SINXELAS PARA REALIZAR NA CASA, ESPERO QUE VOS GUSTEN:
- XOGAR COA PLASTILINA.
- RASGAR PAPEIS.
- PINTAR COS DEDOS.
- FACER COLARES E PULSEIRAS, MOI IMPORTANTE ENSARTAR.articuloActividades Motricidad Fina (35)
- INVENTANDO CONSTRUCIÓNS: CON PLASTILINA E ESCARVADENTES.
4 actividades de motriciadad fina
- POMPÓNS E PINZAS GRANDES .
1Motricidad fina: 15 actividades + imprimible - Aprendiendo con Julia
- UTILIZAR AS PINZAS DA ROUPA.
#Motor #Carroceria #Drive #Road #Fast #Driving #Car #Auto #Coche #Conducir #Comprar #Vender #Clicars #BuenaMano #Certificación #Vehicle #Vehículo #Automotive #Automóvil #Equipamiento #Boot #2016 #Buy #Sell #Cars #Premium #Confort #automatic #automático #premium #elegancia #deportividad #sport #avensis #toMotricidad fina: 15 actividades + imprimible - Aprendiendo con Julia
- REPASAR TRAZOS.
Creciendo con libros y juegos: JUEGOS PARA TRABAJAR LA MOTRICIDAD FINA (1)
AQUI VOS DEIXO UN ENLACE DUN XOGO DE COORDINACIÓN COAS MANS.
UNHA APERTA MOI GRANDE!!

https://pin.it/5ECMUUb

29/04/20

PLÁSTICA

OLA PEQUES!!! HOXE TOCA ACTIVIDADE PLÁSTICA: PINTAMOS CON BURBULLAS.

NESTE VÍDEO VEREDES O QUE TEDES QUE FACER. PODEDES EMPREGAR TÉMPERAS DILUÍDAS EN AUGA OU COLORANTES ALIMENTARIOS.






ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!!!!

28/04/20

OS LEOPARDOS APRENDEMOS COAS NOVAS TECNOLOXÍAS

DURANTE ESTE CURSO OS LEOPARDOS APRENDERON MOITO A TRAVÉS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS (TIC). 
XOGAMOS COA PIZARRA DIXITAL INTERACTIVA (PDI), CO ESCORNABOT CON DIFERENTES ACTIVIDADES (BUSCAMOS OS NOMES DOS COMPAÑEIROS/AS, FORMAS XEOMÉTRICAS, TIRAMOS OS DADOS E BUSCAMOS OS NÚMEROS,...) E TAMÉN XOGAMOS COS IPADS A APLICACIÓN QUE MÁIS NOS GUSTA É QUIVER, DE REALIDADE AUMENTADA). 
AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA PEQUENA MOSTRA DE COMO XOGARON E APRENDERON. 


 MOITOS BIQUIÑOS LEOPARDOS!!!

SE CHOVE, POESÍA!

    VAIA, VAIA!
AGORA QUE PODEMOS SAÍR DA CASA UN POQUIÑO, PONSE A CHOVER...
POIS QUE CHOVA!
IMOS LEMBRAR UN BONITO POEMA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO QUE FALA DA CHUVA:



E AGORA, UN MOI PEQUENO E FERMOSÍSIMO DE UXÍO NOVONEYRA:




AS GAIVOTAS NON SE MOVEN,
 OS PEIXES DIN QUE CHOVE,
NOVONEYRA SOÑA ...
E A VÓS, QUE VOS GUSTA FACER CANDO CHOVE?

QUE TAL SE FACEMOS UNHA RECREACIÓN (OU SEXA, A NOSA PROPIA VERSIÓN) DO POEMA DE UXÍO NOVONEYRA?
PODEDES ESCRIBIR  NUN FOLIO OU CARTOLINA (OU QUE VOLO ESCRIBAN)
O VERSO "CHOVE PARA QUE EU ................(AQUÍ, CADAQUÉN QUE POÑA O QUE LLE GUSTE FACER)" E DEBAIXO FACEDES UN DEBUXO OU UNHA COLAXE, OU UNHA MONTAXE CUNHA FOTO VOSA FACENDO O QUE DI O VERSO,...
FACÉDEO COMO MÁIS VOS GUSTE, PERO NON ESQUEZADES POÑER O VOSO NOME, VALE? 
DESPOIS PODEDES ENVIALO Ó CORREO (DURANTE ESTA SEMANA) PARA QUE OS COLGUEMOS TODOS NO BLOG .
SEGURO QUE VAI QUEDAR CHULÍSIMO!








27/04/20

PROPOSTA DE AROA PARA CUARTO DE INFANTIL












PARABÉNS

A Paco e a todas as mestras encantounos volvervos a ver nos vìdeos do Día do libro. Estamos moi contentas co voso traballo:



ACTIVIDADES DIVERTIDAS DE SOPRO

ESTES EXERCICIOS QUE VOS PRESENTAMOS HOXE SON PARA TRABALLAR O SOPRO, TAN IMPORTANTE NESTA IDADE INFANTIL.
TRABALLANDO O SOPRO APREDEMOS A MELLORAR A RESPIRACIÓN, A CONTROLAR O AIRE Ó FALAR, A CONTROLAR A VOZ, A PRONUNCIACIÓN, A AFIANZAR FONEMAS OU REEDUCALOS,...
AQUÍ VOS PRESENTAMOS VARIAS PROPOSTAS MOI DIVERTIDAS QUE PODEDES FACER NA CASA COS XOGUETES OU CON MATERIAL RECICLADO. SOAMENTE PRECISADES UN PALLA PARA SOPRAR.

GOZADE MOITO!!











24/04/20

LETRAS E PINZAS

DE NOVO PROPOÑÉMOSVOS UTILIZAR UN MATERIAL MOI FÁCIL DE ATOPAR NAS VOSAS CASAS: AS PINZAS DA ROUPA. TEREDES QUE ESCRIBIRLLE OU PEGARLLE A CADA PINZA UNHA LETRA E CON ELAS FORMAR PALABRAS.
OS MÁIS PEQUENOS NECESITARÁN VER A PALABRA PARA COLOCAR CADA PINZA ENRIBA DA LETRA CORRESPONDENTE. ÓS PIRATAS E LEOPARDOS PODEDES DARLLES ESCRITA UNHA PALABRA NA QUE FALTEN LETRAS E QUE ELES A COMPLETEN COA LETRA CORRECTA. OUTRA OPCIÓN É QUE ESCRIBAN A PALABRA ENTEIRA UTILIZANDO AS PINZAS SEN NINGÚN APOIO ESCRITO.



23/04/20

DÍA DO LIBRO 4º INFANTIL

AS NENAS E NENOS DE CUARTO DE INFANTIL PRESÉNTANNOS OS SEUS LIBROS FAVORITOS

DÍA DO LIBRO 5º INFANTIL

OS PIRATAS RECOMENDAMOS ESTES CONTOS NO DÍA DO LIBRO:





DÍA DO LIBRO 6º INFANTIL

OS LEOPARDOS RECOMENDAMOS ESTES CONTOS POLO DÍA DO LIBRO

PSICOMOTRICIDADE


BOAS!!
 HOXE TOCA UN POUCO DE PSICOMOTRICIDADE PARA ESTIRAR UN POUCO OS ÓSOS, QUE BOA FALTA NOS FAI ESTES DÍAS.
 NA PRIMEIRA ACTIVIDADES OS MATERIAIS SON ORIENTATIVOS, PODEMOS UTILIZAR OUTROS, POR EXEMPLO LÁ.
INTENTÁDEO, XA VEREDES QUE É DOADO!! 


NON QUERÍA ESQUECERME DALGUNHA ACTIVIDADE PARA DESENVOLVER A PSICOMOTRICIDADE FINA, NESTA OCASIÓN TOCA UNHA MÁIS LÚDICA E DIVERTIDA.

                              UNHA SUPER APERTA PARA TODOS E TODAS!!!

22/04/20

PLÁSTICA

OLA PEQUES!!!HOXE PROPOÑEMOS UNHA ACTIVIDADE PLÁSTICA: BOLBORETAS DE PRIMAVERA.

NECESITADES:
  • Filtros de café.
  • Vaporizador con auga.
  • Rotuladores(non permanentes, se é posible de punta grosa)
  • Unha pinza da roupa
  • Un prato
PASOS A SEGUIR:
  1. Cos rotuladores pintaremos puntiños de diferentes cores sobre o filtro. É aconsellable apoiar a punta do rotulador sobre o filtro e deixalo uns segundos, para que a tinta baixe e non rompelo.
  2. Cando completemos cos puntiños, poñemos o filtro nun prato e asperxemos un pouco de auga. A tinta dos rotuladores comezará a diluírse mesturando as cores. Deixamos secar.
  3. Unha vez o filtro estea seco, dobrámolo cara ao centro para formar unha especie de lazo. Colocamos a pinza xusto no medio, de maneira que suxeite esa parte e xa o temos listo.
    ESPERAMOS QUE VOS GUSTE E GOCEDES MOITO!!!!!!!

    21/04/20

    ASÍ TRABALLAN OS PIRATAS NA CASA

    PROPOSTA DE ALEJANDRA PARA CUARTO DE INFANTIL














    ALGO DE MÚSICA !

    OLA!
    HOXE PROPOÑÉMOSVOS EMPEZAR O DÍA CANTANDO E BAILANDO CON UXÍA LAMBONA.




    E SEGUIMOS CUNHAS CANCIÓNS MOI DIVERTIDAS EN INGLÉS, QUE SEGURO QUE COÑECEDES TODOS E TODAS DE CANTALAS NO COLEXIO.


    LEOPARDOS, INVESTIGAMOS?

    Paco viaxou moito este curso. Primeiro estivo nas pirámides de Exipto, e despois marchou a China e paseou pola enorme Muralla. Acordádesvos? Aprendemos moitas cousas de Exipto e de China.

    Pois resulta que agora Paco volveu coller un avión e aterrou nunha cidade que non coñece pero que ten un monumento un pouco peculiar. Coñecédelo?




    Se sabedes onde está, avisádeme, para poder dicirlle se está cerca xa de Moaña, ou ten que coller outro avión para vir. Este paco é un pouco despistado!


    Investigade e escribides nunha folla ou cartolina esta información para o noso ratiño Paco:


    • Nome do monumento
    •  País onde se localiza
    •  Continente
    • Se queredes escribir algunha curiosidade máis para explicarlle a Paco, estupendo (en que cidade está, canto mide, de que está feito, cal é a bandeira do país, ...)
    Non vos olvidedes de sacarlle unha foto e mandarme un correo para explicarlle a Paco onde se atopa!!!

    A investigar, leopardos!!!

    20/04/20

    DÍA DO LIBRO EN INFANTIL

    Esta semana , o   23 de abril, celébrase o día Internacional do libro.
    Este curso temos que celebrar este día que tanto lle gusta a Paco desde as nosas casas, pero non imos deixar de facerlle chegar uhna morea de contos, para que saiba que seguimos lendo moito e que botamos de menos ir á biblio. 

    Na tarefa de hoxe Paco quere encomendarche que envíes un pequeno vídeo duns 15 segundos como máximo, recomendando un conto aos teus compañeiros e compañeiras do cole.  Debedes mandalo entre hoxe luns e mañá martes 21, para que teñamos tempo de montar o vídeo para o Día do Libro.

    No vídeo deberás dicir :
    1. Chámome...
    2. O meu libro favorito titúlase...
    3. Gústame porque...

    Este é un guión para que vos orientedes pero podedes modificar algo se queredes.

    Saúdos de Paco!!

    PROPOSTA DE CARME PARA 4º DE INFANTIL