OLA PEQUES!!!HOXE PROPOÑEMOS UNHA ACTIVIDADE PLÁSTICA: BOLBORETAS DE PRIMAVERA.
NECESITADES:
- Filtros de café.
- Vaporizador con auga.
- Rotuladores(non permanentes, se é posible de punta grosa)
- Unha pinza da roupa
- Un prato
PASOS A SEGUIR:
- Cos rotuladores pintaremos puntiños de diferentes cores sobre o filtro. É aconsellable apoiar a punta do rotulador sobre o filtro e deixalo uns segundos, para que a tinta baixe e non rompelo.
- Cando completemos cos puntiños, poñemos o filtro nun prato e asperxemos un pouco de auga. A tinta dos rotuladores comezará a diluírse mesturando as cores. Deixamos secar.
- Unha vez o filtro estea seco, dobrámolo cara ao centro para formar unha especie de lazo. Colocamos a pinza xusto no medio, de maneira que suxeite esa parte e xa o temos listo.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE E GOCEDES MOITO!!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.