23/10/20

TEMOS CASIÑA NO PATIO!

Grazas á AMPA do cole agora pasámolo moito mellor cando nos toca xogar nesta zona do patio. A casiña é preciosa !

Moitísimas grazas a todas as familias que o fixeron posible.


15/10/20

SAÍDA POLA CONTORNA DE 6º DE INFANTIL

 Ás veces unha imaxe vale máis que mil palabras


Unha mañá completa na que o pasamos xenial



30/09/20

SAÚDO DAS TARTARUGAS

 A CLASE DAS TARTARUGAS XA ESTAMOS LISTOS PARA COMEZAR O CURSO CHEO DE AVENTURAS!!!

BENVIDOS E BENVIDAS!!!


AQUÍ ESTAMOS DE NOVO!

COMEZOU O CURSO E VOLVEMOS CON MOITAS GANAS!

OS NENOS E NENAS DE 6º DE INFANTIL DECIDIRON QUE ESTE ANO SERÁN A CLASE DOS LEÓNS E AS LEOAS.  


BOTABÁMONOS MOITO DE MENOS ASÍ QUE IMOS A GOZAR O TEMPO XUNTOS!!






26/09/20

SAÚDO DE 5º DE INFANTIL

       OLA!

XA ESTAMOS AQUÍ...NO COLE, POR FIN!

DESPOIS DE TANTO TEMPO, XA TIÑAMOS GANAS DE VOLTAR!

E  ANQUE ESTE ANO TODO É UN POUCO DIFERENTE, SE TEMOS COIDADO, 

PODEMOS ESTAR XUNTOS, COMPARTIR EXPERIENCIAS, DIVERTIRNOS E 

APRENDER MOITAS COUSAS NOVAS.

...XA VOS IREMOS CONTANDO.



              AH! POR CERTO, XA NON SOMOS OS PEQUES DO COLE:

                               ESTAMOS 5º DE INFANTIL

19/06/20

UNHA SORPRESA...

Un feliz verán!
Esperámosvos en setembro con moitas ganas e ilusión!



16/06/20

BOS DÍAS A TODAS E A TODOS!

  SABEDES QUE XA LEVAMOS TRES MESES COMUNICÁNDONOS A TRAVÉS DO BLOG?
TRES MESES SEN VERNOS NIN TOCARNOS, SEN ESTAR NAS NOSAS AULAS NIN XOGAR COS NOSOS XOGUETES...PERO COMPARTINDO DESDE AS NOSAS CASAS CONTOS, POESÍAS E CANCIÓNS; FACENDO RECEITAS E EXPERIMENTOS; XOGANDO COS NOMES E COS NÚMEROS; ESCRIBINDO E CALCULANDO; PRACTICANDO PSICOMOTRICIDADE E XOGOS DE LINGUAXE; DEBUXANDO, PINTANDO E RECORTANDO,...
...UF!
CANTO TRABALLASTES!
E QUE BEN VOS PORTASTES!

NÓS, AS PROFES, QUEREMOS FELICITARVOS POLO BEN QUE O FIXESTES E DARVOS AS GRAZAS DE TODO CORAZÓN!

E AGORA QUE CHEGA O VERÁN, REMATAMOS O CURSO E AS ACTIVIDADES DO BLOG, PORQUE É TEMPO DE PASEAR, IR Á PRAIA, IR Ó MONTE, ANDAR EN BICI...

DESEXAMOS QUE PASEDES UNHAS MOI MOI FELICES VACACIÓNS!
E QUE EN SETEMBRO VOLVAMOS TODAS E TODOS Ó COLE CON MUITA EXERXÍA E MUITAS GANAS!

               5 BICOS ENORMES E 5 QUERERES FORTÍSIMOS!

                 ANA     MARÍA    MAYCA     LUCÍA     PATRI


AH! UNHA COUSIÑA: O VENRES 19 SI QUE TEDES QUE MIRAR O BLOG, PORQUE HAI UNHA SORPRESA...






                                             

OS LEOPARDOS NA AULA

REMATA O CURSO E NON ME QUERÍA DESPEDIR SEN FELICITAR A CLASE DOS LEOPARDOS, POLO BEN QUE TRABALLARON DURANTE O CURSO, POLO BEN QUE LEVARON ESTES DÍAS EN CASA, ... SODES MARABILLOSOS E MARABILLOSAS. ESPÉROVOS EN SETEMBRO CUN GRAN SORRISO.
DEIXOVOS UN VÍDEO DESTE CURSO QUE XA CHEGA AO SEU FIN. 
QUE MAIORES!!!


HORA DO CONTO

BO DÍA!

HOXE PARA DESPERTAR TRAEMOS "O COELLIÑO BRANCO", UN FERMOSO CONTO POPULAR ADAPTADO POR XOSÉ BALLESTEROS (QUE TAN BEN O CONTA NESTE VÍDEO) E MARABILLOSAMENTE ILUSTRADO POR ÓSCAR VILLÁN.
AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.



BURBULLAS



E TEMOS OUTRA PROPOSTA QUE  CHEIRA A VERÁN, ESPERO QUE GOCEDES MOITO CON ELA!


Vista previa de imagen