16/06/20

BOS DÍAS A TODAS E A TODOS!

  SABEDES QUE XA LEVAMOS TRES MESES COMUNICÁNDONOS A TRAVÉS DO BLOG?
TRES MESES SEN VERNOS NIN TOCARNOS, SEN ESTAR NAS NOSAS AULAS NIN XOGAR COS NOSOS XOGUETES...PERO COMPARTINDO DESDE AS NOSAS CASAS CONTOS, POESÍAS E CANCIÓNS; FACENDO RECEITAS E EXPERIMENTOS; XOGANDO COS NOMES E COS NÚMEROS; ESCRIBINDO E CALCULANDO; PRACTICANDO PSICOMOTRICIDADE E XOGOS DE LINGUAXE; DEBUXANDO, PINTANDO E RECORTANDO,...
...UF!
CANTO TRABALLASTES!
E QUE BEN VOS PORTASTES!

NÓS, AS PROFES, QUEREMOS FELICITARVOS POLO BEN QUE O FIXESTES E DARVOS AS GRAZAS DE TODO CORAZÓN!

E AGORA QUE CHEGA O VERÁN, REMATAMOS O CURSO E AS ACTIVIDADES DO BLOG, PORQUE É TEMPO DE PASEAR, IR Á PRAIA, IR Ó MONTE, ANDAR EN BICI...

DESEXAMOS QUE PASEDES UNHAS MOI MOI FELICES VACACIÓNS!
E QUE EN SETEMBRO VOLVAMOS TODAS E TODOS Ó COLE CON MUITA EXERXÍA E MUITAS GANAS!

               5 BICOS ENORMES E 5 QUERERES FORTÍSIMOS!

                 ANA     MARÍA    MAYCA     LUCÍA     PATRI


AH! UNHA COUSIÑA: O VENRES 19 SI QUE TEDES QUE MIRAR O BLOG, PORQUE HAI UNHA SORPRESA...






                                             

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.