28/06/2019

BO VERÁN E FELICES VACACIÓNS!

Todo o equipo de infantil quere desexarvos un feliz verán a vos e as vosas familias. Esperámosvos en setembro cos brazos abertos!




19/06/2019

Proxecto Os canciños

Os nenos e as nenas da clase dos canciños (6º Infantil) investigaron sobre a súa mascota:este foi o noso proxecto durante o 1º trimestre. O traballo por proxectos ofrece moitas posibilidades aos nenos e nenas, xa que aprenden investigando, experimentando e vivindo cada un dos procesos de ensinanza-aprendizaxe, ademais de contar co extra indispensable de nacer dos propios intereses e inquietudes. Este é o resultado da súa investigación!!

ANIVERSARIOS DOS DINOSAUROS


         PARABÉNS, MARTÍN , 5 ANOS!!!

PARABÉNS, SABELA, LUCÍA,CLARA, JULIA E NOELA !!!




17/06/2019

OS DINOSAUROS VISITAN 6º DE INFANTIL

Os dinosauros visitaron hoxe a clase de 6º de infantil, a súa clase do curso que vén.
Sentaron nas mesas e déronse conta de que son máis grandes e que teñen unha reixa debaixo  para gardar cousas, como os maiores.




Probamos os percheiros e déronse conta de que lles chegaban sen problema.


E ,como non, xogaron no hospital, coas construcións, coa mesa de luz, cos trens, coches,..., o que máis lles apetecía. Pasárono moi ben.







13/06/2019

VISITA A 1º

ESTA SEMANA OS CANCIÑOS FOMOS DE VISITA Á CLASE DE 1º DE PRIMARIA.
UN DÍA ESTIVEMOS CON ELES E ESTIVÉRONNOS RESOLVENDO AS DÚBIDAS QUE TIÑAMOS: SE TIÑAN QUE LEVAR MOCHILA GRANDE OU PEQUENA, SE TIÑAN LIBROS, CONTOS PARA LER NA CLASE, CANDO OS LÍAN, SE TIÑAN ESTOXO, ONDE GARDABAN OS SEUS TRABALLOS,  SE TIÑAN EXAMES, A QUE XOGABAN NO PATIO E ONDE, SE TIÑAN XOGUETES NA AULA,...
ELES CONTESTARON A TODAS AS PREGUNTAS E  TRANQUILIZÁRONNOS MOITO, E FÓRONNOS EXPLICANDO TODO CON MOITO DETALLE.




E HOXE APROVEITAMOS QUE ELES NON ESTABAN NA CLASE PARA IR ALÍ E XOGAR UN RATO. COMPROBAMOS QUE LLES CHEGAMOS AOS PERCHEIROS, QUE AS CADEIRAS E AS MESAS SON IGUAIS ÁS NOSAS, E QUE TEÑEN UN MONTÓN DE COUSAS DIVERTIDAS NA AULA.  O QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI O RECUNCHO DE TRANQUILANDIA E O DE PLÁSTICA.







10/06/2019

Escoitando os nosos padriños lectores

Os canciños tivemos a sorte de gozar aínda máis dos contos que temos na biblioteca, grazas aos nosos padriños lectores, os nenos e nenas de 5º E.P. Moitas grazas!




OBRADOIRO DE FROITA

NA SEMANA DA FROITA AS NENAS E NENOS DE 5º DE INFANTIL XUNTÁRONSE COAS SÚAS MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTOTES  DE 4º DE PRIMARIA PARA FACER UN DELICIOSO ZUME DE LARANXA E AMORODO  E,DESPOIS DE SABOREALO, APROVEITARON PARA COMPARTIR UNS MOMENTOS DE LECTURA IGUALMENTE DELICIOSOS. 

05/06/2019

VISITA Á LUDOTECA MUNICIPAL

O ALUMNADO DE 5º E 6º DE INFANTIL VISITOU A SEMANA PASADA A LUDOTECA MUNICIPAL, DENTRO DO PROGRAMA DE ACTIVIDADES "APRENDE MOAÑA", ORGANIZADO POLO CONCELLO.






LECTURAS COMPARTIDAS

Hoxe os nenos e nenas de 6º de infantil gozaron dunha sesión de lectura na biblioteca cos seus padriños e madriñas de 5º de primaria...porque lles encanta!




03/06/2019

OS RECUNCHOS

Na clase dos canciños traballamos por recunchos,  espazos delimitados dentro da aula, onde os nenos/as realizan actividades lúdicas, cun material específico dentro de cada un. 
Este curso tivemos o recuncho das construcións e dos coches, hospital, arte, mates, letras, dixital, lóxica, puzles,... Temos catro pequenos grupos e cada día ofrecemos catro recunchos diferentes, polos que van pasando todos os nenos/as ao longo da xornada.
Mirade como aprendemos e nos divertimos!