ESTA SEMANA OS CANCIÑOS FOMOS DE VISITA Á CLASE DE 1º DE PRIMARIA.
UN DÍA ESTIVEMOS CON ELES E ESTIVÉRONNOS RESOLVENDO AS DÚBIDAS QUE TIÑAMOS: SE TIÑAN QUE LEVAR MOCHILA GRANDE OU PEQUENA, SE TIÑAN LIBROS, CONTOS PARA LER NA CLASE, CANDO OS LÍAN, SE TIÑAN ESTOXO, ONDE GARDABAN OS SEUS TRABALLOS, SE TIÑAN EXAMES, A QUE XOGABAN NO PATIO E ONDE, SE TIÑAN XOGUETES NA AULA,...
ELES CONTESTARON A TODAS AS PREGUNTAS E TRANQUILIZÁRONNOS MOITO, E FÓRONNOS EXPLICANDO TODO CON MOITO DETALLE.
E HOXE APROVEITAMOS QUE ELES NON ESTABAN NA CLASE PARA IR ALÍ E XOGAR UN RATO. COMPROBAMOS QUE LLES CHEGAMOS AOS PERCHEIROS, QUE AS CADEIRAS E AS MESAS SON IGUAIS ÁS NOSAS, E QUE TEÑEN UN MONTÓN DE COUSAS DIVERTIDAS NA AULA. O QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI O RECUNCHO DE TRANQUILANDIA E O DE PLÁSTICA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.