23/11/15

As Xirafas facemos psicomotricidade ao sol

Parece que dentro de moi pouquiño a chuvia nos vai obrigar a estar no ximnasio para facer psico. Así que as Xirafas decidimos que mentres non chova imos aproveitar todo o que poidamos o sol. 












11/11/15

TRABALLAMOS RELAXADOS

AS BOLBORETAS ESTAMOS TRABALLANDO XA COMO NENOS E NENAS MAIORES E APROVEITAMOS PARA RELAXARNOS ESCOITANDO MÚSICA CLÁSICA
SESIÓN DOBRE DE CONTACONTOS EN 4º DE INFANTIL:

Á PRIMEIRA HORA DA MAÑÁ CHEGARON FRESQUIÑOS OS CONTOS DE MARÍA, A NAI DE TOMÉ,CON MONSTROS MARIÑOS FAMENTOS DE PIRATAS E BRUXOS CONFUNDIDOS:






























E DESPOIS DO RECREO RELAXÁMONOS COAS HISTORIAS CHEAS DE EMOCIÓNS QUE NOS CONTOU LUCÍA, A MADRIÑA DE ÁNGELA:





 

                                                    ...E FIXEMOS SACAPENAS!



         MOITAS GRAZAS ÁS DÚAS!


09/11/15

AS BOLBORETAS USAMOS AS MATEMÁTICAS

Estes días tivemos que utilizar as matemáticas na nosa clase. Morréronnos 6 eirugas da clase. Estamos formulando hipóteses de que foi o que lles pasou: tiñan frío, tiñan calor, non beberon, non comían, nacen soamente na primavera,... E resulta que tivemos que restar, se tiñamos 9 e morreron 4, cantas eirugas nos quedan? E estas foron as súas conversas unha vez que lles mandei representar nun papel o que sucedera

06/11/15

As bolboretas xogamos á Pita Cega!

Como se achega o Magosto, as bolboretas estivemos lembrando o xogo popular da Pita Cega para xogar ese día de celebración.




05/11/15

As Xirafas xa somos unhas expertas na biblioteca!

As Xirafas xa somos unhas expertas na biblioteca. Mirade que ben sabemos facer o préstamo dos libros e contos que levamos para casa! Buscamos os números da carpeta (número de lector), os números que están nos libros e contos (números de rexistro) e dicímosllos a Noe para que os apunte no ordenador! 


04/11/15

VISITA NA CLASE DAS BOLBORETAS

Onte tivemos unha visita moi especial na nosa clase. Veu o pai de Martiño, Álvaro, a explicarnos cousas sobre as bolboretas e as eirugas. Aprendemos que tanto as eirugas como as bolboretas non teñen ósos; que teñen uns buracos no seu corpo, chamados espiráculos, que lles serven para respirar (nome que xa coñeciamos porque os golfiños tamén os teñen); que é e para que serve a espiritrompa das bolboretas; etc.




MOITAS GRAZAS, ÁLVARO!!!

03/11/15

PLANTANDO XACINTOS NA CLASE DAS XIRAFAS

01/11/15

AS EIRUGAS

Na clase das bolboretas, nos primeiros días de curso, Xandro trouxo uns vermes de seda para ter no cole. 
 




Decidimos investigar sobre este animal, aínda que nós xa sabiamos que despois se converten en bolboretas, xa que coñocemos o conto de "Unha eiruga moi larpeira", pero queriamos saber máis cousas.


 

Así que fomos á biblioteca de Paco  buscar libros que nos deran información.
            


Contamos: temos 9 eirugas. E temos que contalas todos os días...
        

Limpamos a caixa e dámoslle de comer as follas que nos trouxo Xandro (que aínda non sabemos como se chaman).
           

Acabáronse as follas que trouxera Xandro así que fomos á clase dos maiores a preguntar que comían. Os maiores sacáronnos de dúbidas: follas de moreir,a e contáronnos que había unha árbore no cole, así que alá fomos.


 E O QUE MÁIS NOS GUSTA DE TODO, É OBSEVAR AS EIRUGAS...