Decidimos investigar sobre este animal, aínda que nós xa sabiamos que despois se converten en bolboretas, xa que coñocemos o conto de "Unha eiruga moi larpeira", pero queriamos saber máis cousas.
Así que fomos á biblioteca de Paco buscar libros que nos deran información.
Contamos: temos 9 eirugas. E temos que contalas todos os días...
Limpamos a caixa e dámoslle de comer as follas que nos trouxo Xandro (que aínda non sabemos como se chaman).
Acabáronse as follas que trouxera Xandro así que fomos á clase dos maiores a preguntar que comían. Os maiores sacáronnos de dúbidas: follas de moreir,a e contáronnos que había unha árbore no cole, así que alá fomos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.