26/10/15

Os Gatiños tamén sabemos acuarelear!

A semana pasada, na clase dos Gatiños decidimos facer unha sesión de relaxación diferente... Así que nos puxemos mans á obra e... a acuarelear! 

Mirade que ben o fixemos! 


23/10/15

As cartas de Paco

O proxecto da bilioteca para este curso, chámase Por Que?
Así investigaremos diferentes temas relacionados co mundo científico, natural ou social. Estas son as cartas que nos enviou:



Material de refugallo en psicomotricidade

As bolboretas fixemos unha clase de psicomotricidade na que só empregamos material de refugallo e música. Logo de tanta actividade, refrescámonos un pouco e cambiamos a camiseta. Foi moi divertido ver canta imaxinación e creatividade temos!








16/10/15

As bolboretas aprenden a voltear en psicomotricidade

As bolboretas estamos aprendendo a voltear en psicomotricidade e, facémolo moi ben!! 








Os gatos en psicomotricidade

Aquí deixamos unhas fotos da aula dos "gatos" en psicomotricidade.







15/10/15

XA SOMOS MAIORES!!!

As bolboretas xa somos maiores!!! Cada vez facemos máis cousas soíños.
A semana pasada empezaron a funcionar as mochilas viaxeiras e eles decidiron que como temos unha mochila vermella e outra azul debiamos facer dúas listas desas cores, cada un apuntouse na que máis lle apetecía e así xa saben cando lles toca levala.



Este ano xa son as bolboretas as que collen os CDs na caixa,,,van á lista e miran o CD que lles toca e gardámolo na carpeta de Paco.


Cada mesa ten unha forma diferente e cada día tócalle a un neno/a ser encargado da súa mesa: reparte os traballos, coloca e recolle as pinturas na súa mesa,...


E seguimos un ano máis co Caderno Viaxeiro, para ensinarlles ás familias as cancións, bits, poemas e adiviñas que imos aprendendo no cole...pero este ano como somos moi maiores, paxinámolo...levounos o noso traballo ... pero é parte da nosa aprendizaxe.




09/10/15

AS XIRAFAS EN PSICOMOTRICIDADE

As Xirafas xa fomos moitos días ao ximnasio, Encántanos!! Pasámolo moi ben e facemos moitos xogos coas pelotas, os aros, saltamos, corremos,... 













Logo de facer tantísimo exercicio, bebemos un pouquiño de auga...




E relaxámonos cun pouco de ioga...



07/10/15

As bolboretas en psicomotricidade

Estes primeiros días de clase, entre outras actividades, as bolboretas estiveron xogando coas pelotas de saltar. Pasárono xenial!