15/10/2015

XA SOMOS MAIORES!!!

As bolboretas xa somos maiores!!! Cada vez facemos máis cousas soíños.
A semana pasada empezaron a funcionar as mochilas viaxeiras e eles decidiron que como temos unha mochila vermella e outra azul debiamos facer dúas listas desas cores, cada un apuntouse na que máis lle apetecía e así xa saben cando lles toca levala.



Este ano xa son as bolboretas as que collen os CDs na caixa,,,van á lista e miran o CD que lles toca e gardámolo na carpeta de Paco.


Cada mesa ten unha forma diferente e cada día tócalle a un neno/a ser encargado da súa mesa: reparte os traballos, coloca e recolle as pinturas na súa mesa,...


E seguimos un ano máis co Caderno Viaxeiro, para ensinarlles ás familias as cancións, bits, poemas e adiviñas que imos aprendendo no cole...pero este ano como somos moi maiores, paxinámolo...levounos o noso traballo ... pero é parte da nosa aprendizaxe.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.