30/11/14

RECITADO DE POESÍA POLOS GOLFIÑOS

OS GOLFIÑOS ESTAMOS MOI MAIORES, RECITAMOS POEMAS, E CON PÚBLICO E TODO... AQUÍ TEDES O POEMA DE ANTONIO GARCÍA TEIJERO QUE OS NENOS E NENAS DE 5º DE INFANTIL RECITAMOS AOS DINOSAURIOS.
FIXÉMOLO XENIAL E A ELES ENCANTOULLES!!!


                  

21/11/14

O LIBRO DOS DINOSAUROS

XA COMEZOU A VIAXE DO LIBRO DOS DINOSAUROS POLAS CASAS DOS NENOS E NENAS DE 6ª DE INFANTIL!

PERO ANTES DE FACER O LIBRO INVESTIGAMOS UN POUCO E FOMOS MEDIR CANTO ERAN 12 METROS, QUE ERA O QUE MEDÍA O ALLOSAURO.







DESPOIS CADA UN FIXO A SÚA PÁXINA DO LIBRO COS DATOS QUE INVESTIGOU NA CASA, A FOTO E O DEBUXO. XA SOMOS GRANDES INVESTIGADORES E ILUSTRADORES!! 

PARA A MONTAXE, ORDENAMOS PRIMEIRO TODAS AS FOLLAS POR ORDE ALFABÉTICA, FOI MOI COMPLICADO! E FIXEMOS TAMÉN O ÍNDICE E PAXINAMOS AS FOLLAS.












ESPERAMOS QUE VOS GUSTE! 

Saída a Chan da Arquiña



UN CIRCUITO NA CLASE!

O pasado venres, os golfiños tivemos que facer psicomotricidade na aula porque chovía moitísimo. Como non tiñamos moito material, empregamos as mesas e as cadeiras....
Ao final, tamén xogamos ao "twister" na alfombra na que facemos a asamblea.
Que ben o pasamos!!!!!










18/11/14

PROXECTO CONSTRUÍMOS NA AULA DOS GOLFIÑOS

Estes días recibimos, dentro do proxecto Construímos, a ansiada carta de Paco. E así dá comezo un proxecto moi interesante sobre a arquitectura, que  iremos traballando ó longo do curso.
Estivemos falando na alfombra sobre a carta de paco e xurdiron unhas conversacións moi interesantes.
Fíxenlles varias preguntas aos nenos e nenas e aquí tedes algunhas das súas respostas:
Que é a arquitectura?
- Traballar en equipo.
- Ë como arte para pintar e arte para construír.
- Son construcións que se pintan.
- Algo para construír.
-Algo para pintar e poñer pegatinas.
-Son pedras que se constrúen, péganse e logo píntanse as pedras con pintura.
- Son unhas casas para construír que se poden pintar.

Que tipo de construcións coñecemos?
- As da clase.
-As construcións do cole.
-As construcións de pinchos.
-As fontes.
- As de pedra.

Que persoas axudan a facer as construcións?
- Os obreiros.
-Os fabricantes.
-Os obreiros.
-Paco

Que precisamos para construír?
-Ladrillos, cemento e pintura.
-Ventás
-Cristais.
-Portas.
-Un portal.
-Alfombras.
-Paredes.
-Armarios


13/11/14

A ABELLA BUBA

Practica xogos de pensar con este xogo do CP Ramón Laporta


12/11/14

XOGOS MATEMÁTICOS

FANTÁSTICA ESTA RECOMPILACIÓN DE XOGOS MATEMÁTICOS FEITA DESDE A ESCOLA UNITARIA DE VIDE, Á QUE ACABAN DE PREMIAR POLO SEU PROXECTO" EN MARZO PINTANDO CON MIRÓ"

08/11/14

DÍA DA CIENCIA

ESTA SEMANA CELEBRAMOS TAMÉN  O DÍA DA CIENCIA EN GALEGO E OS NENAS E NENAS DE 6º CURSO FIXÉRONNOS UNS EXPERIMENTOS QUE NOS GUSTARON MOITO:

06/11/14

Os dinosauros aprenden sobre educación vial

Os nenos e nenas de 6º de infantil, xunto cos de 1º de primaria aprenderon sobre os sinais de tráfico nunha sesión de Psicomotricidade. Convertíronse en coches, motos, bicis.... Foi moi divertido.


video

03/11/14

XA TEMOS MOCHILAS VIAXEIRAS

As mochilas viaxeiras botan a andar en Educación Infantil esta semana.
 Catro mochilas viaxeiras, unha en 4º e 5º  e dúas en 6º ,cunha decena de contos e libros de información que esperamos sexan de interese para as familias. Manuais de cociña infantil, arte , ciencia, manualidades e literatura seleccionada para compartir en familia, que estarán en cada casa 15 días.
Xunto coas mochilas viaxan uns caderniños onde esperamos compartir coas familias as súas impresións sobre esta interesante actividade.