18/11/2014

PROXECTO CONSTRUÍMOS NA AULA DOS GOLFIÑOS

Estes días recibimos, dentro do proxecto Construímos, a ansiada carta de Paco. E así dá comezo un proxecto moi interesante sobre a arquitectura, que  iremos traballando ó longo do curso.
Estivemos falando na alfombra sobre a carta de paco e xurdiron unhas conversacións moi interesantes.
Fíxenlles varias preguntas aos nenos e nenas e aquí tedes algunhas das súas respostas:
Que é a arquitectura?
- Traballar en equipo.
- Ë como arte para pintar e arte para construír.
- Son construcións que se pintan.
- Algo para construír.
-Algo para pintar e poñer pegatinas.
-Son pedras que se constrúen, péganse e logo píntanse as pedras con pintura.
- Son unhas casas para construír que se poden pintar.

Que tipo de construcións coñecemos?
- As da clase.
-As construcións do cole.
-As construcións de pinchos.
-As fontes.
- As de pedra.

Que persoas axudan a facer as construcións?
- Os obreiros.
-Os fabricantes.
-Os obreiros.
-Paco

Que precisamos para construír?
-Ladrillos, cemento e pintura.
-Ventás
-Cristais.
-Portas.
-Un portal.
-Alfombras.
-Paredes.
-Armarios


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.