31/10/2014
29/10/2014
ASÍ FORON OS PRIMEIROS DÍAS EN 6º DE INFANTIL
Pois, aínda que xa pasou tempo, queremos ensinarvos como foron os primeiros días nos que estivemos moi atarefados! O primeiro que fixemos foi unha visita ao cole dende a nosa nova aula...
Miramos o noso novo aseo...
A aula veciña que é a de música e relixión...
Os aseos de nenos e nenas para cando queremos ir todos á vez...
A biblioteca...
Logo de sacar a foto de grupo, sorpresa! Atopámonos con Belén e coa profe Lucía...
E volvemos á clase...
Tamén escollemos o nome para a nosa aula. Pensamos un montón!
E saíron moitísimas ideas interesantes
A votación estivo moi reñida e decidimos votar novamente só polos dous nomes que obtiveran máis votos.
Ao final, só por dous votos de diferenza...
Outra tarefa importante que fixemos foi a de organizarnos por grupos para recoller os xoguetes do patio... Cantas cousas temos que facer agora que xa somos maiores!
E como este ano temos nova compañeira, decidimos facerlle un libro con debuxos como agasallo. Benvida Ana!
Etiquetas:
6º infantil,
Curso 2014-2015
HAI MATEMÁTICAS EN TODAS PARTES
Este ano, polo Días das Bibliotecas Escolares, Paco pediunos que buscásemos ó noso arredor onde había matemáticas e atopámolas: no reloxo, no supermercado, na carpeta, nos contos, nos manteis,...
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Cada ano a Asesoría de BE elixe un lema para a celebración, que desenvolve o Plan LIA (Lectura, Información e Aprendizaxe) . Nesta ocasión, o lema era BIBLIOTECA ESCOLAR……MATEMÁTICO!!!! querendo lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e no mundo que nos rodea.
Os contos matemáticos que utilizamos en infantil foron "A Cebra Camila" e "A Merliña":
A cebra Camila que perdeu 7 raias e vai chorando 1, 2, 3, 4, 5, 6,...7 bágoas polas raias que lle faltan.
E a merliña, que tan contenta estaba cos seus 5 merliños, e vanlle quedando 4, 3, 2, 1 merliños sen comer pola raposa.
Os contos matemáticos que utilizamos en infantil foron "A Cebra Camila" e "A Merliña":
A cebra Camila que perdeu 7 raias e vai chorando 1, 2, 3, 4, 5, 6,...7 bágoas polas raias que lle faltan.
E a merliña, que tan contenta estaba cos seus 5 merliños, e vanlle quedando 4, 3, 2, 1 merliños sen comer pola raposa.
28/10/2014
As tartarugas en psicomotricidade
As tartarugas alégranse moito cando, ao abrir a porta do ximnasio, atopan un circuito montado. Aí comeza a traballar a súa imaxinación e cada un inventa unha historia co material montado e así pasamos a sesión, gozando!!!!
Aquí tedes algunhas fotos.
Aquí tedes algunhas fotos.
Etiquetas:
4º Infantil,
Curso 2014-2015,
Psicomotricidade
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)