29/10/14

ASÍ FORON OS PRIMEIROS DÍAS EN 6º DE INFANTIL

    Pois, aínda que xa pasou tempo, queremos ensinarvos como foron os primeiros días nos que estivemos moi atarefados! O primeiro que fixemos foi unha visita ao cole dende a nosa nova aula...
Miramos o noso novo aseo...


A aula veciña que é a de música e relixión...




Os aseos de nenos e nenas para cando queremos ir todos á vez...


A biblioteca...



Logo de sacar a foto de grupo, sorpresa! Atopámonos con Belén e coa profe Lucía...


E volvemos á clase...


   Tamén escollemos o nome para a nosa aula. Pensamos un montón! 


E saíron moitísimas ideas interesantes

A votación estivo moi reñida e decidimos votar novamente só polos dous nomes que obtiveran máis votos.

Ao final, só por dous votos de diferenza...


Outra tarefa importante que fixemos foi a de organizarnos por grupos para recoller os xoguetes do patio... Cantas cousas temos que facer agora que xa somos maiores!




E como este ano temos nova compañeira, decidimos facerlle un libro con debuxos como agasallo. Benvida Ana!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.