31/10/2014

SAMAÍN

Esta semana celebramos o Samaín no colexio. Acendemos as cabazas e daban moito MEDO!!!








29/10/2014

ASÍ FORON OS PRIMEIROS DÍAS EN 6º DE INFANTIL

    Pois, aínda que xa pasou tempo, queremos ensinarvos como foron os primeiros días nos que estivemos moi atarefados! O primeiro que fixemos foi unha visita ao cole dende a nosa nova aula...
Miramos o noso novo aseo...


A aula veciña que é a de música e relixión...




Os aseos de nenos e nenas para cando queremos ir todos á vez...


A biblioteca...



Logo de sacar a foto de grupo, sorpresa! Atopámonos con Belén e coa profe Lucía...


E volvemos á clase...


   Tamén escollemos o nome para a nosa aula. Pensamos un montón! 


E saíron moitísimas ideas interesantes

A votación estivo moi reñida e decidimos votar novamente só polos dous nomes que obtiveran máis votos.

Ao final, só por dous votos de diferenza...


Outra tarefa importante que fixemos foi a de organizarnos por grupos para recoller os xoguetes do patio... Cantas cousas temos que facer agora que xa somos maiores!




E como este ano temos nova compañeira, decidimos facerlle un libro con debuxos como agasallo. Benvida Ana!




HAI MATEMÁTICAS EN TODAS PARTES

Este ano, polo Días das Bibliotecas Escolares, Paco pediunos que buscásemos ó noso arredor onde había matemáticas e atopámolas: no reloxo, no supermercado, na carpeta, nos contos, nos manteis,...









DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Cada ano a Asesoría de BE elixe un lema para a celebración, que desenvolve o Plan LIA (Lectura, Información e Aprendizaxe) . Nesta ocasión, o lema era BIBLIOTECA ESCOLAR……MATEMÁTICO!!!! querendo lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e no mundo que nos rodea.
Os contos matemáticos que utilizamos en infantil foron "A Cebra Camila" e "A Merliña":




A cebra Camila que perdeu 7 raias e vai chorando 1, 2, 3, 4, 5, 6,...7 bágoas polas raias que lle faltan.

E a merliña, que tan contenta estaba cos seus 5 merliños, e vanlle quedando 4, 3, 2, 1 merliños sen comer pola raposa.








28/10/2014

As tartarugas en psicomotricidade

As tartarugas alégranse moito cando, ao abrir a porta do ximnasio, atopan un circuito montado. Aí comeza a traballar a súa imaxinación e cada un inventa unha historia co material montado e así pasamos a sesión, gozando!!!!
Aquí tedes algunhas fotos.