29/04/2013

Contos e cancións coa familia de Adriana!

Vaia sorte teñen estas tartarugas! Hoxe viñeron contarnos o conto da Ratiña Presumida a nai e a irmá de Adriana. Tanto nos gustou que lles diciamos: outra vez, outra vez! Tamén cantamos con elas a canción de Para dormir a un elefante. Pasámolo moi ben! E antes de marchar déronnos unhas moedas riquísimas de chocolate como as que atopuo a ratiña!










Moitas grazas por vir!
Cando queirades podedes volver!

28/04/2013

Mariscamos coa avoa de Claudia!

O venres viu visitarnos a familia de Claudia, a súa avoa e o seu pai. A avoa é mariscadora e ensinounos moitísimas cousas: os aparellos, como se empregan, berberechos, diferentes clases de ameixas, navallas,... Ata nos achegou un trociño de praia para que puideramos facer as nosas primeiras prácticas como mariscadores e mariscadoras! Ao rematar, o pai de Claudia contounos un pequeno conto que eles mesmos fixeron sobre o cultivo da ameixa.
Encantounos!
Moitas grazas por vir e, xa sabedes, podedes volver cando queirades!

27/04/2013

CONCERTO DE MÚSICA

Onte as chicharras e os hamsters fomos a un Concerto da Escola Municipal de Música, titulado "A caixa de música". Gozamos moito escoitando os diferentes instrumentos e acompañándoos con palmas.

26/04/2013

AS FAMILIAS CONTAN

Esta semana tivemos a visita de tres mamás dos hamsters que se animaron a lernos un conto.Os nenos e nenas disfrutaron moito con estas valentes mamás. Contáronnos os contos de "Mago de Oz",  o conto dos Bolechas "A Fraga de Cambre" e "Un ojito, dos ojitos y tres ojitos". Gracias Sira, Verónica e Mª Dolores por ser contacontos por un día.



25/04/2013

Saímos ler ao sol!

Canto nos gusta o sol! 
Tanto tanto que hoxe decidimos saír ao patio a ler e así relaxarnos das carreiras do recreo.
Que ben se estaba! 














24/04/2013

AS FAMILIAS CONTAN

HOXE VEU BEA, A MAMÁ DE ALDARA, Á CLASE DAS CHICHARRAS:
CONTOUNOS DOUS CONTOS PRECIOSOS:"ORELLAS DE BOLBORETA" E "A GALIÑA ROXA".












































...E , Ó REMATAR, REGALOUNOS CHOCOLATE: QUE RRRRRICO!!!!!!!
























MOITAS GRAZAS, BEA......POR TODO!

23/04/2013

Un agasallo de Paco polo Día do Libro!

Que sorpresa cando chegamos hoxe á aula despois de inglés! Co motivo da celebración do Día do Líbro, Paco fíxonos un agasallo xenial: un conto dos Bolechas que se pode mollar! Xa estivemos facendo as nosas cábalas e hai quen o vai ler na piscina, na praia, na catarata, quen vai probrar se flota na bañeira,...
Encantounos!! E fomos para casa moi contentos!







MOITAS GRAZAS PACO!

AS FAMILIAS CONTAN

IRIA, A NAI DE DIEGO, ESTIVO HOXE NA CLASE DAS CHICHARRAS CONTÁNDONOS O SEU CONTO FAVORITO, "OS SETE CABRITOS":

                               


 ENCANTOUNOS!!!    MOITAS GRAZAS!!!

DÍA DO LIBRO

PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO, HOXE AS CHICHARRAS E AS TARTARUGAS TIVEMOS UNHA SESIÓN ESPECIAL DE LECTURA NO PATIO, ONDE COMPARTIMOS OS NOSOS LIBROS FAVORITOS : PASÁMOLO MOI BEN!

22/04/2013

A familia de Óscar e o pan de millo.

     O xoves pasado viu á aulas das tartarugas Mucha, a avoa de Óscar! Contounos e ensinounos moitas cousas interesantes sobre o pan de millo: as espigas, como se debullaban, que se facía logo co gran, como era a fariña milla, como se cocía o pan,... Pero sen dúbida o que máis nos gustou foi comelo! Non sobrou nadiña!



Moitas grazas Mucha, podes volver cando queiras!

21/04/2013

Boas noticias para o noso cole

Onte, sábado 20 de Abril,  tivo lugar a  XXII edición dos premios da Irmandade do libro, que concede a
Federación de Librarías de Galicia., para premiar os traballos relacionados co libro e a lectura no ano 2012. O noso centro  recibiu o premio da categoría centros de Ensino.

O acto celebrouse na Casa da Cultura de Monforte de Lemos, e nel estivo presente o Consellerio de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, que nos fixo entrega do diploma acreditativo, e unha escultura de bronce de Ismael López Fernández., ademais de un lote de libros por valor de 2000 euros.

O prestixioso premio ten varias categorias. Os premiados de este ano foron:


  •  Libraría "Kómic" de Santiago de Compostela
  • Fomento da Lectura: A web "Galicia Encantada" 
  • Recoñecemento especial a Antonio Fernández Maira, pola súa labor como coordinador da Federación de Libreiros
Mais información en:
Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Brétemas

Faro de Vigo

La Voz de Galicia

19/04/2013

ABRIL, MES DO LIBRO

O día 23 de abril conmemórase do Día Internacional do Libro e para celebralo, ademais de todas as actividades previstas polo equipo de biblioteca, aquí deixamos estas xoias de contos para que gocedes:

17/04/2013

Obradoiro de froitas coa familia de Marina

QUE BEN O PASAMOS HOXE COA FAMILIA DE MARINA!

A nai e a avoa de Marina viñeron á aula das Tartarugas a facer un obradoiro no que saboreamos uns deliciosos pinchiños de froitas (amorodos, kiwis, peras, plátanos, melocotóns, piña e mazás) con chocolate!

Pero antes, pasámolo en grande xogando ao xogo das mazás e o fixemos tan ben que ata levamos unhas medallas riquísimas!



Moitas grazas por vir! Podedes volver cando queirades!

16/04/2013

VIDECONFERENCIA CO LORO PARQUE II

HOXE CAMBIAMOS O HORARIO DO RECREO PARA PODER FACER UNHA ACTIVIDADE NA BIBLIOTECA.
AS CHICHARRAS E AS TARTARUGAS, DE CAMIÑO DICÍAN:
 E PARA QUE IMOS A BIBLIOTECA?: 
- IMOS RECITAR UNHA POESÍA...
. - VANNOS CONTAR CONTOS....
- VAN DICIRNOS ADIVIÑAS... 
- VAN A FALARNOS OS MAIORES..
. - IMOS VER UN VÍDEO.... 
E É QUE NA BIBLIOTECA FACEMOS TANTAS COUSAS!!!!
O QUE TIÑAMOS ERA UNHA VIDEOCONFERENCIA CO LORO PARQUE EN TENERIFE: 

15/04/2013

RECITANDO A ROSALÍA DE CASTRO

Os nenos e nenas de 6º Infantil, xunto cos nenos de 1º, recitamos un poema de Rosalía de castro de Cantares Gallegos.

13/04/2013

TEATRO EN INGLÉS

Os nenos e nenas de Infantil, o xoves fomos a ver un Teatro en inglés, titulado "Que ves?". Pasámolo moi ben, xa que nos fixeron rir un montón. 



12/04/2013

VIDEOCONFERENCIA CO LORO PARQUE

Hoxe, os hamsters, xunto cos nenos e nenas de 1º, participaron nunha videoconferencia co Loro Parque. Éste é un parque temático, ubicado en Tenerife, que ten animais tan interesantes como as orcas, delfíns, leóns mariños, loros, etc. Este mes estivo adicado aos delfíns e hoxe fixemos unha conexión en directo con eles. Puidemos ver en directo un entrenamento cos seus monitores e nos deleitaron cuns maravillosos saltos. Explicáronnos moitísimas cousas: por onde respiran, que comen, cantos dentes teñen, as partes do seu corpo,... Dixéronnos que podían medir como tres nenos xuntos, así que nos tumbamos nunha mesa e comprobamos canto era iso, un montón!. Foi toda unha experiencia para todos nós. Esperamos con impaciencia unha próxima vez! 

11/04/2013

A resposta das tartarugas a Paco: Onde se crían os mexillóns?

No mes de marzo chegou a nosa aula unha nova carta de Paco. Neste caso, quería saber onde se criaban os mexillóns, asi que nos puxemos mans á obra! O primeiro que fixemos foi preguntarlle ás familias e en canto comezaron a chegar as primeiras respostas, puxémonos a traballar. Se ben, esta vez o fixemos diferente: fixémolo en equipo! Entre todos decidimos como queriamos facer a resposta: se grande ou pequena, se escrita por nós ou coas respostas da casa, con debuxos ou sen eles,... Logo de moito pensar, decidímolo facer en grade, escribindo nós mesmos a resposta, decidindo que fotos queriamos pegar e facendo a nosa propia batea!



A verdade é que nos gustou moito traballar en equipo, tanto que agora todo o queremos facer deste xeito!

10/04/2013

OUTRO XOGO COA TARTARUGA MENTA

PARA ESTE TRIMESTRE, TEMOS NOVOS XOGOS CO LORO PERICO, DA EDITORIAL SM, VISTOS NO BLOG DE MARIFE LARA ROMERO, RECURSOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL