12/04/2013

VIDEOCONFERENCIA CO LORO PARQUE

Hoxe, os hamsters, xunto cos nenos e nenas de 1º, participaron nunha videoconferencia co Loro Parque. Éste é un parque temático, ubicado en Tenerife, que ten animais tan interesantes como as orcas, delfíns, leóns mariños, loros, etc. Este mes estivo adicado aos delfíns e hoxe fixemos unha conexión en directo con eles. Puidemos ver en directo un entrenamento cos seus monitores e nos deleitaron cuns maravillosos saltos. Explicáronnos moitísimas cousas: por onde respiran, que comen, cantos dentes teñen, as partes do seu corpo,... Dixéronnos que podían medir como tres nenos xuntos, así que nos tumbamos nunha mesa e comprobamos canto era iso, un montón!. Foi toda unha experiencia para todos nós. Esperamos con impaciencia unha próxima vez! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.