26/10/2011

CORRE,CORRE CABACIÑA

ESTA SEMANA ESTIVEMOS CONTANDO O CONTO "CORRE, CORRE, CABACIÑA", E TAMÉN APRENDEMOS A CANCIÓN DE ALMUDENA JANEIRO EN "CONTOS EN CANTOS". pODEDES SEGUIR PRACTICANDO CON ESTE VÍDEO:

XOGANDO NO SAMAÍN

PREME NA IMAXE PARA XOGAR:


ESTE É UN XOGO LIM DO CEIP  PAZOS DE FERROL, QUE ATOPAMOS NO SEU BLOG: PEQUESPAZOS

15/10/2011

PRIMEIRA VISITA Á BIBLIOTECA

Os pequenos e pequenas de 4º de Infantil fixeron a súa primeira visita á "biblioteca de Paco".

En realidade era a mirioteca, a vidioteca, bidoteca.... en fin pronto aprenderemos a decir biblioteca, pero o que nos quedou claro é que alí hai moitísimos contos e que Paco (aínda non sabemos moi ben se é un rato ou unha persoa) ten moitas sorpresas para eles.

Entre elas un agasallo :a bolsa onde poderemos levar e traer os contos que Paco nos presta.



O primeiro que fixemnos foi xogar con Paco a un xogo de apropiación do espazo, no que unha silueta de Paco era agachada polos diferentes recunchos da biblioteca. As zonas  nas que debían atopar a Paco nesta sesión eran:

- a zona dos contos de 

etiqueta azul





- a zona dos contos de etiqueta vermella

- a zona dos contos de etiqueta verde

- o ordenador para prestar contos

-o ordenador para utilizar os nenos e nenas

-a zona para  sentar e ler.



Gustounos moito xogar con Paco e así de contentos nos poñiamos cando atopababamos a silueta. En sesións posteriores, practicaremos xogos que permitan coñecer a colección dedicada a súa idade.

10/10/2011

IMOS SER LEÓNS!

CO NOVO CURSO CAMBIAMOS DE CLASE, SENTÍMOSNOS UN POUCO MÁIS GRANDES AO DEIXAR A CLASE DAS TARTARUGAS.
VOTAMOS ENTRE TODOS E DECIDIMOS SER LEÓNS, PORQUE NOS GUSTAN OS ANIMAIS E ESTES SON MOI FORTES.