En realidade era a mirioteca, a vidioteca, bidoteca.... en fin pronto aprenderemos a decir biblioteca, pero o que nos quedou claro é que alí hai moitísimos contos e que Paco (aínda non sabemos moi ben se é un rato ou unha persoa) ten moitas sorpresas para eles.
Entre elas un agasallo :a bolsa onde poderemos levar e traer os contos que Paco nos presta.
O primeiro que fixemnos foi xogar con Paco a un xogo de apropiación do espazo, no que unha silueta de Paco era agachada polos diferentes recunchos da biblioteca. As zonas nas que debían atopar a Paco nesta sesión eran:
- a zona dos contos de
etiqueta azul
- a zona dos contos de etiqueta vermella
- a zona dos contos de etiqueta verde
- o ordenador para prestar contos
-o ordenador para utilizar os nenos e nenas
-a zona para sentar e ler.
Gustounos moito xogar con Paco e así de contentos nos poñiamos cando atopababamos a silueta. En sesións posteriores, practicaremos xogos que permitan coñecer a colección dedicada a súa idade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.