30/04/2010

Obradoiro de cociña

A derradeira semana de abril convertímonos en cociñeiros ao participar nun obradoiro de cociña. Na clase traballáramos as receitas e xa sabíamos que ingredientes tiñamos que usar e cales eran os pasos que tiñamos que seguir. Fixemos un saboroso batido de amorodo, unha macedonia e no obradoiro de plástica elaboramos o noso mantel individual. Rematamos agotados pero aprendemos moito. Despois a mestra de inglés lembrounos cal era o nome das froitas en inglés.

29/04/2010

SAÍDA A FROITERÍA


O mércores, os ponis fixemos a compra para os obradoiros de cociña. Fomos a froitería coa nosa lista da compra: 3 caixas de amorodos, 7 plátanos, 7 mazás, 7 peras e 7 laranxas. Cada parella estaba encargada dunha cousa: coller a froita, levar o cesto, pagar...

25/04/2010

OBSERVANDO















MIRADE COMO MEDRAN!
Así de pequerrechiños eran o 15 de abril os vermes de seda. Como vedes, xa medraron moito .
As Pelotas cada día bótanlle un tipo de follas para que coman. Probaron coas de hedra pero eles nin as tocan.
Como saberán os vermes co pequenos que son cales son as follas que deben comer?
  • Juan di que pensan co seu cerebro e saben que non son para comer
  • Pedro di que ao mellor proban unha esquina pequeniña e xa se dan conta de que saben diferente
  • Rubén di que ao mellor as cheiran e teñen outro cheiro que non lles gusta
O caso é que só comen FOLLAS DE MOREIRA, que lles gusta moito e os fai medrar moi rápido.
Neste vídeo podedes ver como comen:




23/04/2010

CALCULANDO


Na clase das Pelotas, querían saber cantos nenos e nenas eramos cando se xuntabas as tres clases.















Como podemos sabelo?
Na nosa clase xa sabemos que hai 16 e na das Tartarugas? Fomos preguntar e son 17.
Na clase dos Ponis son 15.
Como podemos saber cantos somos en total?
Apuntamos os datos para non esquecernos e puxemos en tres recipientes tantos obxectos como nenos e nenas de cada grupo, pero como sabemos cantos somos? A pregunta seguía se atopar resposta, contamos unha e outra vez, pero ao acabar cada grupo volvíamos a empezar e non dábamos coa resposta ata que Nacho dixo:
Profe, TIENES QUE JUNTARLOS TODOS!!! CUANDO VIENEN, ESTAMOS TODOS JUNTOS!
E así foi como descubrimos que xuntando cantidades pequenas, obtemos cantidades grandes. Movémonos polos rudimentos da suma, pero é moi importante o seu descubrimento. Xuntando obtemos cantidades máis grandes.









23 de abril,día do libro


Gústannos tanto os contos e que nos lean historias que Paco, a mascota da biblioteca hoxe fíxonos un agasallo, como dicía a súa carta.
No cole estivemos falando deste día, da razón pola que se celebra, e contamos algunhas das aventuras do Quixote, ese personaxe que creou o escritor Cervantes.

Mulleres e ciencia

Hoxe recibimos carta de Paco Queridos nenos e nenas de Infantil: Gustame moito a exposición de mulleres científicas que temos no cole. Pero teño curiosidade por saber unha cousa:

Que inventou Mary Anderson?

Cando o saibades, podedes facerme un cartel deses bonitos que sabedes facer vós con axuda das profes ?. E que quero presumir diante dos meus amigos do ben que traballades e investigades!!! Este curso estamos traballando moito. Por eso teño gardado un agasallo para toooooooodos vós. Espero que vos guste!!!
Entrade na páxina de recursos para investigar:




19/04/2010

A viaxe das bolboretas



A Escola de Música de Moaña, igual que en cursos anteriores agasallounos co conto musicado "A viaxe das bolboretas".Cada personaxe era interpretado por un instrumento e caracterizado por un ritmo e melodía diferentes.
Clarinete, frauta,saxo, trompeta,trombón...transformados en vermes,tesoiriñas,xoaniñas,grilos... Unha acertada maneira de acercarnos ao mundo da música.
Parabéns pola execución , a selección de melodías e a adaptación do conto.

ÓSCAR VILLÁN NO COLE

Óscar Villán, o ilustrador de "A Cebra Camila", "O Coelliño Branco", a colección "Do berce á Lúa", "Os dous corcovados"etc...estivo na nosa biblioteca. Viña acompañado por Charo Pita, e traían unha maleta chea de historias. Óscar facía os debuxos e Charo Pita embarcábanos nos seus contos.
Fixemos un Coelliño Branco e unha Cebra Camila xigantes, e foi moi emocionante ver como saían personaxes das mans do ilustrados.
Cando rematou agasallounos cun debuxo, e un poema.Gustounos moito!!!!

13/04/2010

Un contacontos moi especial

"A verdadeira historia de carapuchiña", "O Anano Saltareiro", "A Cebra Camila", "O Galo Quirico", "Que parvos son os camaleóns"....estes contos e outros máis encheron o luns a nosa biblioteca nas voces dos rapaces e rapazas do IES Paralaia, que por un día actuaron para nós de contacontos .
Viñan cargados de ilusión e os pequenos puxeron as súas ganas de escoitar contos, un conxunto perfecto para gozar da lectura no mes do libro infantil, se engadimos a fonda emoción que se apalpaba na biblioteca.Tivemos trasnos, lobos, bodas, ventos, raiñas, esquíos.... todos da man destes actores tan especiais.