O venres 27 pasamos a xornada en Fornelos de Montes.Fomos visitar a Granxa escola Kiriko,tocamos animais,sacamos ovos,regamos a horta,xogamos e fixemos rosquillas.Estaban boísimas.Esto foi exactamente unha das actividades que máis lles gustou,ao mellor por ser a última da xornada.Tamén tivo moito éxito o contacto cos animais,sobre todo cando acariñaron as cabuxiñas.
31/03/2009
26/03/2009
ESCENAS MUSICAIS
O mércores asistimos a un concerto no teatro caixanova,dentro do seu programa para escolares.Foi moi divertido,tocaron melodías moi coñecidas como acucaracha,a marcha do circo,chiguagua...Os instrumentos que máis gustaron foron o clarinete,a flauta travesera e a tuba,que tiña un son que a veces asustaba.
Etiquetas:
Competencia artística,
Curso 2008-2009,
Curso 2010-2011,
Saímos da escola
25/03/2009
OLLOS DE LUME
18/03/2009
SAÍDA A PONTEVEDRA
O LUNS 9 DE MARZO FOMOS DE EXCURSIÓN A PONTEVEDRA PARA VISITAR O SALÓN DO LIBRO, QUE ESTA ANO ESTABA ADICADO Ó AMOR E APROVEITAMOS PARA VISITAR TAMÉN Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE PONTEVEDRA. A MEDIA MAÑÁ ESTIVEMOS NO PARQUE DA ALAMEDA MERENDANDO.
11/03/2009
MOITAS LARANXAS IMOS COMER!
HOXE plantamos unha laranxeira.Cada curso a súa,no terreo da caseta meteorolóxica.Os de tres anos,as tartarugas,plantaron a primeira,os elefantes,a segunda,e as bolboretas a terceira.Botámoslle moita terra,un pouquiño de auga,unha canción e moitas ganas de remexer na terra.Quedaron estupendas,dentro de uns días iremos a botarlle máis auga.As bolboretas descubriron que a laranxeira das tartarugas tiña un botón de flor ,a de sexto 12 e a das bolboretas 53!!!Veremos que pasa con esas flores!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)