11/03/2009

MOITAS LARANXAS IMOS COMER!





HOXE plantamos unha laranxeira.Cada curso a súa,no terreo da caseta meteorolóxica.Os de tres anos,as tartarugas,plantaron a primeira,os elefantes,a segunda,e as bolboretas a terceira.Botámoslle moita terra,un pouquiño de auga,unha canción e moitas ganas de remexer na terra.Quedaron estupendas,dentro de uns días iremos a botarlle máis auga.As bolboretas descubriron que a laranxeira das tartarugas tiña un botón de flor ,a de sexto 12 e a das bolboretas 53!!!Veremos que pasa con esas flores!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.