24/10/08

VISITA Á LUDOTECA

O mércores 22 fomos de visita á Ludoteca.
As monitoras ensináronnos todas as zonas de xogo, cantáronnos cancións e explicáronnos cales eran os alimentos que necesitamos para medrar sans.
Había contos, pinturas, bonecas, motos, un teatro con monicreques e ata unha piscina de bolas. É MOI DIVERTIDO!
Agora xa coñecemos as monitoras e as aulas así que podemos volver acompañados por mami ou papi. A Ludoteca abre de 16h a 20h.
video

15/10/08

Escollemes mascota





Os nenos e nenas de 5º de Infantil, o primeiro día de clase, elixiron a súa mascota, que lles acompañará durante todo o curso. Cada neno e nena dixo o animal que máis lle gustaba como mascota: can, gato, gorila, ..., pero ó final gañou o ELEFANTE.

Levamos dende ese día aprendendo cousas sobre este animal. ¡Xa vos contaremos o que descubrimos!

Benvidos

¡BENVIDOS Ó CURSO 2008-2009!
Durante todo o curso poderedes consultar esta páxina, donde vos iremos mostrando as diferentes actividades que faremos cos nenos e nenas de Infantil do noso cole de Quintela.
¡Esperámosvos!