FELICES SOÑOS!
22/02/2017
20/02/2017
QUE MEDO!...EMPEZA O ENTROIDO!
...E ASÍ DE TERRORÍFICOS VIÑERON HOXE OS ELEFANTES!
Etiquetas:
5ºInfantil,
Celebracións: O Entroido,
Curso 2016-2017
19/02/2017
RECIBIMOS UNHA CARTA DE PACO!
Por fin! Acabamos de recibir na nosa aula unha carta de Paco! Facía moito tempo que non sabiamos nada del e xa estabamos preocupados.
Non sabemos moi ben en que andará metido porque pídenos que lle digamos cales son os sitios de Moaña que máis nos gustan.
Como xa tiñamos moitas gañas de investigar, rápido nos puxemos mans aá obra e escribimos unhas notas pedindo axuda ás familias para comezar a elaborar a nosa guía de viaxe.
09/02/2017
AS TARTARUGAS COCIÑAMOS
A SEMANA PASADA AS TARTARUGAS COCIÑAMOS UNHAS RICAS MAGDALENAS. SAÍRON TAN RICAS E FIXÉMOLO TAN BEN QUE SEGURO QUE REPETIMOS. A VER QUE COCIÑAMOS A PRÓXIMA VEZ!
Etiquetas:
4º Infantil,
Curso 2016-2017,
Obradoiros de cociña
06/02/2017
DÍA DA PAZ
O pasado 30 de xaneiro, celebramos no colexio o Día da paz e a non violencia. Os nenos/as de 6º de Primaria léronnos o manifesto pola paz e cada curso a continuación leu a súa mensaxe de paz. Cantamos e bailamos a canción de Toc Toc de Pablo Díaz e colgamos as nosas mensaxes e símbolos de paz na entrada do colexio.
Etiquetas:
4º Infantil,
5ºInfantil,
6ºInfantil,
Celebracións: Día da Paz,
Curso 2016-2017
05/02/2017
UN POEMA DE PAZ
NA CLASE DOS ELEFANTES ENCÁNTANOS RECITAR E O DÍA DA PAZ CELEBRÁMOLO CON ESTA ADAPTACIÓN DUN POEMA DE GLORIA FUERTES.
A VER SE VOS GUSTA!
A VER SE VOS GUSTA!
A PAZ DAS TARTARUGAS
Esta semana celebramos o día da paz no colexio e na clase das tartarugas estivemos falando do que é a paz para eles. Podedes escoitalos neste vídeo!!
Etiquetas:
4º Infantil,
Celebracións: Día da Paz,
Curso 2016-2017
04/02/2017
02/02/2017
Vídeos de axuda para articular o son S e Z !
Os sons S e Z son moi parecidos e confúndense frecuentemente. Por iso ofrecémosvos dous vídeos que axudarán aos nenos a diferencialos.
Vídeos para mellorar a fala!
Deixámosvos algún vídeo novo que nos pode axudar para mellorar a mobilidade da lingua e a motricidade orofacial.
01/02/2017
UNHA VISITA CON POESÍA
O DÍA DA PAZ VIÑERON ÁS AULAS DE INFANTIL YASMINA E ZAIRA, DE TERCEIRO DE PRIMARIA, E RECITARON PARA NÓS UN FERMOSO POEMA DE XOSÉ LOIS GARCÍA.
ENCANTOUNOS!
ENCANTOUNOS!
VOLVEDE PRONTO CON MÁIS, POR FAVOR!
Etiquetas:
4º Infantil,
5ºInfantil,
Celebracións: Día da Paz,
Curso 2016-2017
28/01/2017
19/01/2017
18/01/2017
ZANCOS NA AULA DOS TIBURÓNS
OS TIBURÓNS ESTAMOS A TRABALLAR O EQUILIBRIO EN PSICO. UNHA DAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS FOI ANDAR SOBRE ZANCOS E, ENCANTOUNOS!!
PASÁMOLO XENIAL!!!
Etiquetas:
6ºInfantil,
Curso 2016-2017,
Proxecto Mundo TICAT@AP,
Psicomotricidade
11/01/2017
O VOO DA LIBÉLULA
AS TARTARUGAS RECIBIMOS UNHA CARTA DE PACO PEDINDO A NOSA AXUDA.
RESULTA QUE ESTÁ MOI INTERESADO NA ARTE, E SOBRE TODO NAS PINTURAS DE CEOS, ASÍ QUE COMO PARECE QUE LLE GUSTA MOITO O CADRO DE JOAN MIRÓ, "O VOO DA LIBÉLULA", PUXÉMONOS A TRABALLAR, E FIXEMOS UN PARA PACO.
MIRADE QUE CHULO QUEDOU!!!
RESULTA QUE ESTÁ MOI INTERESADO NA ARTE, E SOBRE TODO NAS PINTURAS DE CEOS, ASÍ QUE COMO PARECE QUE LLE GUSTA MOITO O CADRO DE JOAN MIRÓ, "O VOO DA LIBÉLULA", PUXÉMONOS A TRABALLAR, E FIXEMOS UN PARA PACO.
MIRADE QUE CHULO QUEDOU!!!
09/01/2017
Poema de Nadal dos Tiburóns
Os tiburóns xa levamos un tempo empregado unha nova ferramente dixital que nos gusta moito. Con ela facemos caixas de sons e xogamos ás adiviñas (xa vos colgaremos algunhas para que xoguedes na casa).
Se ben, neste Nadal empregámola para recitar e gravar un poema (moi longo) entre todos. Gustounos moito vernos a todos conxelados! Fíxonos moita gracia!
Esperamos que vos guste tanto como a nós!
Levamos as postais a correos
Xa estamos de novo! Feliz 2017 a todos e todas!
Como xa sabedes, antes de marchar de vacacións fomos á oficina de correos a levar as postais que cada grupo fixo na aula.
Deixámosvos unhas pouquiñas fotos dese día!
Etiquetas:
4º Infantil,
5ºInfantil,
6ºInfantil,
Celebracións: O Nadal,
Curso 2016-2017
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)