16/10/2012

O XOGO DA TARTARUGA MENTA

  PREME NA IMAXE PARA XOGAR COA VACA PACA,  DA EDITORIAL SM, ATOPÁMOLO NO BLOG  DE MARIFE LARA 

15/10/2012

O Período de Adaptación das Tartarugas

Aquí vos deixamos unha pequena presentación de todo o que as Tartarugas fixemos durante o Período de Adaptación. Esperamos que vos guste!


11/10/2012

OS RECUNCHOS DE XOGO DOS HÁMSTERES

Aquí estamos outro curso máis compartindo e xogando cos amigos e as amigas. Este ano temos xogos novos e pouco a pouco fomos aprendendo a xogar en todos os recunchos: temos a plastilina, coa que facemos riquísimas tartas; as construccións, que xa son de "maiores"; o noso hospital; onde nos curamos "todos os males"; temos puzzles de moitas pezas; os xogos de lóxica, como o mikado, memory, lóxico primo,... Aprendemos xogando!

09/10/2012

XOGO DA VACA PACA

PREME NA IMAXE PARA XOGAR COA VACA PACA,  DA EDITORIAL SM, ATOPÁMOLO NO BLOG  DE MARIFE LARA 

08/10/2012

O XOGO DO LORO PERICO

PREME NA IMAXE PARA XOGAR CO LORO PERICO DA EDITORIAL SM, ATOPÁMOLO NO BLOG  DE MARIFE LARA

AS TARTARUGAS

Ola!! Somos os nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil do colexio de Quintela. Como na nosa clase temos dúas tartarugas de mascota (Lucas e Pataca), decidimos chamarnos AS TARTARUGAS DE QUINTELA. Temos moitísimas ganas de aprender moitas cousas e, sobre todo, de pasalo xenial!


01/10/2012

Como deixar a chupeta en 15 días

O uso da chupeta nos bebés e nenos pequenos é un método fácil e cómodo para tranquilizalos, pero o seu uso prolongado ou a súa dependencia tanto para durmir como para tranquilizarse pode ocasionar problemas. Ademáis é habitual entre os pais a preocupación de cando e como deixala. Para respostar algunhas destas preguntas achégovos unha serie de blogs que falan sobre os pros e os contras das chupetas e o momento de deixar o seu uso.
Tamén vos deixo o enlace para descargar o método da fada Susú, un método para deixar a chupeta en 15 días. Dende o enlace poderédelo descargar de forma gratuita e imprimilo.

Blogs de interese:






Método de 15 días gratuíto, "El libro para dejar el chupete"



Pinchando na imaxe entraredes na páxina de Difrax directamente na sección de libros libres. O primeiro libro é o que nos interesa, pinchamos en descargar libro e aparecen 7 enlaces. Só necesitamos os tres últimos: calendario, stickers e "El libro para dejar el chupete". Os outros enlaces son páxinas soltas que xa aparecen directamente no libro.

Moita paciencia, moito agarimo e ánimo para deixar a chupeta.

22/09/2012

OS HÁMSTERES

Ola a todos e todas! Despois de un largo verán repleto de vivencias regresamos de novo ao cole con moita ilusión. Este curso, como somos os maiores de infantil, cambiamos de clase e de edificio. Este ano estamos no cole "dos maiores", e nos encanta.

SAÚDO DE 5º DE INFANTIL

OLA!  SOMOS OS NENOS E NENAS DE 5º DE INFANTIL.
ESTE ANO  NON ESTAMOS NA CLASE DAS TARTARUGAS, PORQUE XA TEMOS 4 ANOS...OU IMOS CUMPRILOS MOI PRONTO.
AGORA SOMOS A CLASE DAS CHICHARRAS E IMOS PASALO MOI BEN E APRENDER MOITAS COUSAS.
                               

18/09/2012

Ola a todos!!

Os nenos e nenas de sexto de Infantil estamos no cole grande!!Somos moi maiores. Mirade como nos debuxamos:



29/06/2012

20/06/2012

De maior quero ser...

Os pequenos e pequenas de 4º de Infantil  explicannos o que queren ser de maiores:

COLLEITA NA HORTA

AS NOSAS LEITUGAS MEDRARON CON TODA A CHOIVA DESTE MES, NON O FIXERON ASÍ AS CEBOLAS, QUE DESAPARECERON DE XEITO ESTRAÑO.  ESTAS SON AS LEITUGAS QUE RECOLLEMOS:

18/06/2012

ENGLISH TIME

 UN RATIÑO DE INGLÉS:

Lecturas para monte e praia


Queridas familias:
Este curso tedes de novo a posibilidade de levar en préstamo durante o verán un lote de libros da biblioteca escolar.

Este lote estará formado por un máximo de 15 libros, e poderá permanecer nas vosas casas ata setembro.

Os libros podedes seleccionalos na biblioteca a partir do luns 18. 
Dúas nais, do equipo de apoio á biblioteca estarán alí para atendervos de  9  a 9:30, e de 13:30 a 14 h.

Tamén podedes collelos o día da entrega de notas, luns 25 de Xuño.
                                                                        

VISITA DO PAPÁ DE LUCÍA

NICOLÁS, O PAI DE LUCÍA, É DIRECTOR COMERCIAL DE "VISIÓN ARTIFICIAL" E VEUNOS CONTAR QUE FAI NO SEU TRABALLO:FAN CÁMARAS ESPECIAIS PARA FÁBRICAS,PARA ROBOTS, PARA A POLICÍA DE TRÁFICO,...
ENSINOUNOS VÍDEOS MOI INTERESANTES ( SOBRE TODO, UN DUNS ROBOTS QUE PELEXABAN ) E DEIXOUNOS MIRAR POR UNHA CÁMARA DE INFRAVERMELLOS.
FOI MOI INTERESANTE!


13/06/2012

VISITA DA NAI DE HELENA

A NAI DE HELENA CHÁMASE BEA E É DELINEANTE.
ENSINOUNOS COMO SE FAN OS PLANOS DAS CASAS E FÍXONOS UN DA CLASE DE MÚSICA : NÓS FÓMOSLLE DICINDO ONDE TIÑA QUE COLOCAR AS PAREDES, AS VENTÁS, A PORTA,...E QUEDOU MOI CHULO.
TAMÉN NOS ENSINOU UN PLANO DO COLE E APRENDEMOS A LOCALIZAR NEL A NOSA CLASE, A DE PRIMEIRO, A DE MÚSICA, A BIBLIOTECA E OS BAÑOS.
Ó PRINCIPIO PARECÍA DIFÍCIL, PERO DESPOIS TODOS E TODAS O CONSEGUIMOS. 





Os xoves contamos nós....

Os nenos e nenas de 6º de Infantil contaron todos os xoves un conto aos compañeiros/as. :

12/06/2012

Obradoiro de cociña

Os nenos e nenas de 5º de Infantil fixeron tortitas: prepararon a masa, cociñaron e degustaron as deliciosas tortitas con nata e chocolate. Estaban riquísimas!