04/05/2025

CARNÉ DE ACTORES E ACTRICES

 Un día chegou a clase unha carta dun amigo de Paco, que viaxara polo mundo, coñecendo moitos teatros de moitos países. Nesa carta nos contaba que pronto viría de visita ao clexio de Quintela.


Un día apareceu o amigo polo colexio. Chámase Roque, e é un gracioso monicreque.


Roque trouxo unhas tarxetas para selar cando fixeramos actividades relacionadas co teatro. E pouco a pouco fomos cubrindo con selos toda a tarxeta, cando investigamos os tipo de teatro, cando fixemos o obradoiro de monicreques, co libro das partes dun teatro....


E así pouco a pouco, convertémonos en verdadeiros actores e actrices, polo que Roque nos deu un carné polo noso traballo.



AGORA XA SOMOS ACTORES E ACTRICES PROFESIONAIS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.